Historia

O 14 de xuño de 1982 queda rexistrada, baixo acta notarial, a Sociedade Deportiva Tordoia mediante a entrega dos seus estatutos por parte da primeira directiva.

A S.D. foi constituida con un capital inicial que ascendía a 20.000 pesetas. Co seu primeiro presidente, Amadeo Cancela, o equipo toma as cores negra e amarela do Peñarol de Montevideo, que ese mismo ano ganaba a liga de Uruguai.

20160526_005453

Campo de fútbol da época

Ca constitución do equipo de forma oficial dase un importante paso na formalización da práctica deportiva no concello de Tordoia, que daquela contaba con pequenos equipos aficionados, normalmente agrupados por parroquias.

20160526_005424-1

O aurinegro xa se deixaba ver nos equipos

Nos seus inicios o Tordoia xogou nun campo localizado na parroquia de Cabaleiros, coñecido como Os Miñatos. Co paso do tempo o feudo de Os Miñatos gañou fama de inexpugnable nos anos duros do fútbol amateur e ainda perdura a súa lenda entre os seguidores máis antigos do clube.

As xestións para a construcción dun novo campo de fútbol culminaron ca inauguración do campo de Gorgullos, situado na mesma parroquia. O traslado as novas instalacións supuxeron o fin a uns anos de transición nos que o conxunto tuvo que xogar os seus partidos na parroquia de Campo, en Trazo.

En 1996, dase un paso importante para a estructura deportiva de cara os vindeiros anos cando se da de alta o primeiro plantel de xogadores na categoría xuvenil. Este cambio supón un gran cambio para o equipo na loita por escapar da terceira categoría rexional, na que se mantivo durante moitos anos.

unnamed2

Campo de Gorgullos

En 2005 séguese a reforzar a aposta polos máis novos e crease un equipo na categoría cadete. En 2007 xa se completan as restantes categorías ata os nosos días. No ano 2019 as categorías base pasan a ser Escolas Deportivas e os que equipos senior seguen como estaban.

A S.D. Tordoia segue medrando, tanto no tocante a masa social como no número de xogadores con ficha, e inaugúranse as novas instalacións en Pontepedra, o coñecido como campo de A Rega. Este feito unido a un novo acondicionamento das instalacións de Gorgullos permítelle ao Tordoia contar con dous campos de xogo de herba artificial para competir.

IMG_0604

Campo de A Rega

En paralelo a directiva reforza as vías de financiación paralelas mediante eventos que xa son unha data marcada no calendario, como la celebración do pre-fin de ano ou a festa do socio. Dende hai pouco calquer seguidor do clube pode mercar material deportivo do noso clube para apoiar a S.D. Tordoia.

11902535_1138821222813565_8152231282846667833_n

Fiesta del socio en 2015

A firme aposta polo fútbol base vese reflexada na mellor posición rexistrada en 35 anos polo senior A na 1ª Autonómica, que ven de acadar na tempada 15/16. Finalmente, a creación da sección feminina completa a oferta deportiva do equipo, respaldada por uns excelentes resultados deportivos. Na tempada 13/14 comeza a xeira de bos resultados na que se acada o ascenso de Segunda Autonómica Galega a Primeira. Logo na seguinte tempada 14/15 ascenderían de Primeira Autonómica Galega a Segunda División Nacional, na que a dia de hoxe se segue loitando. As rapazas do Tordoia pasean o seu escudo por importantes plazas do norte de España, contra rivales de cidades e equipos con moitos máis recursos, como Xixón, Zamora, Salamanca, Zamora, A Coruña ou Vigo.

No ano 2017 a conexión entre o Concello e SDT segue funcionando ben buscando melloras nos campos de fútbol. E fanse ditas melloras en ambos campos que lle dan un salto de calidade. No campo de Santaia fanse un gradas novas cubertas por diante da cantina aproveitando o nivel do terreo. Unhas gradas que fan que os aficinados poidan desfrutar de bo fútbol sen mollarse e sentados. No campo de Cabaleiros cementouse a zona dos banquillos, que estaban con grava e formábanse pozas de auga.

img_8941

img_8803