ÁNIMO BRAYAN!!!

A nota negativa dos partidos de onte, desta vez foi para un dos nosos rapaces Alevín. Brayan, o porteiro, que fracturou unha man no quentamento previo o partido. Queremos darlle todo a nosa forza e ánimo pra recuperarse canto antes, e poder volver a pisar o verde do campo.
VAMOS BRAYAN!!!!!

Resultados Xornada 30/10/16

Os resultados dos nosos con 2 victorias, 2 emptes e 2 derrotas

Senior A 2-2 Unión

Dubra B 1-1 Senior B

Oviedo Moderno 13-0 Femenino

San Lázaro 0-2 Infantís

Praiña B 0-2 Alevíns

Bertamiráns C  2-1 Benxamíns

Xornada 30/10/16


SENIOR A

Recibimos o Unión no campo de Santaia, Domingo as 16:15. Un partido ante un rival que sempre é candidato o ascenso e que so ten un punto menos ca nos. Nos queremos seguir con esta boa racha, aunque non será fácil pero tentaremos quedar cos tres puntos e poder adicarllos a vos. Non será fácil porque este domingo, debido a sanción imposta pola FGF, este partido xogarase a porta pechada, polo faltadenos vos, que sodes os que, domingo tras domingo, nos guiades o triunfo.

SENIOR B

Xoga o seu encontro Sábado, as 20:00, no campo de Bembibre co Dubra B. Vimos de facerlle frente a un candidato o ascenso perdendo pola mínima, aunque merecemos. Agora toca saber se foi cousa de un bo traballo ou fruto dunha casualidade, polo que sairemos polos tres puntiños, e así empezar a asentarnos no campo, e competir.

FEMENINO

Toca saír da nosa Galicia, para dirixirse a terras Asturianas, e medirse o Oviedo Moderno. Un equipo que ven de descender da máxima categoría femenina, e que este ano apunta a un claro candidato o ascenso. Nos vimos de ganar o líder da tempada pasada, e chegamos a este partido con gana de facerlle frente, e decir que aínda estamos aquí, a pesar de baixas importantes(Rebe, Lucia, Cintia,…)

Saída do bus será do Calviño as 8:00

INFANTÍS

Vamos a Santiago xogar co Sán Lázaro, no campo do Sergas, Sábado as 9:30

ALEVÍNS

Vamos a Cacheiras xogar co Praiña B, Domingo as 12:00

BENXAMÍNS

Vamos a Bertamiráns para xogar co Bertamiráns C o Sábado as 16:00

QUE TOCAAA!!!

14479687_1421370891225262_9195383811635302385_n

Pois este ano ten pinta de que algo quere tocar en Tordoia. Nos últimos anos sempre rascamos algo, e se este ano é o do gordo? Non quedes sen ela, que este ano SI!! Xa temos a venta a lotaría nos bares de costume, rapazas do Femenino, cantinas dos campos e membros da Directiva.

Non deixes que se esgote, collea xa!!!!

Camiseta Oficial!!

Xa temos a vosa disposición a nova camiseta oficial da SD Tordoia. Non dudes en contactar con nos para facerte con ela!!!

 

img_4596

Camiseta Oficial

ATENCIÓN!!

Presentamos o recurso ante o Comité de Apelación da FGF, o cal nos foi denegado.Polo cal:

1º Estamos obligados a disputar o partido deste fin de semana, no Campo de Santaia, a porta pechada. Isto significa que so poderán asistir o partido os xogadores e corpo técnico de ambos clubes, e dous directivos, todos eles deberán estar acreditados, dado que asistirá o partido un delegado da Federación para comprobar que todo se cumpra según o previsto.

2º Temos que pagar unha multa que ascenda a 300€, por dita actitude, aparte do gasto corresponde do trío arbitral do partido e o delegado federativo.

3º Facemos un chamamento a que entenda o motivo, e como excepción, este domingo no asista o partido disputado no campo de Santaia ante o Unión

4º Unha vez cumprida esta sanción pedimos a nosa afición que asista como sempre os partidos con normalidade e animando como sempre o noso equipo, pero respetando o rival e o trío arbitral, para evitar que sucedan estas cousas, e que se poida seguir falando por ahi da educación deportiva envidiable da nosa familia

IMPORTANTE!!!

Tras recibir a sanción do Comité de Competición e Disciplina da FGF, pola que debemos celebrar un partido a porta cerrada e abonar unha multa de 300€ por insultos de caracter racista, xenófobo ou ofensivo ó colexiado do último encontro de liga disputado no campo de Santaia, correspondente a 1ª Rexional Grupo 2, desde a Directiva do Clube queremos notificar que:

1º A SD Tordoia está TOTALMENTE en contra das actitudes racistas, xenófobas ou ofensivas no mundo do fútbol.

2º Desde todos os estamentos do clube se inculca os xogadores/as técnicos/as e colaboradores/as a tolerancia e o respeto.

3º Solicitamos a colaboración de todos os socios/as e aficinados/as que cada domingo acoden a animarnos para evitar situacións e manter así o bo nome da SD Tordoia.

4º Dado que consideramos a sanción como inxusta, posto que non se identificaron os autores dos insultos, interpuxemos un recurso ante o Comité correspondente para que a mesma sexa revisada.

Resultados xornada 23/10/16

Resultados das nosas categorías con 3 victorias, 1 empate e 3 derrotas

Flavia 0-0 Senior A
Senior B 0-1 Deixebre

Cadetes 1-0 Calo

Infantiles  2-5 Peleteiro

Alevíns 4-1 Dubra B

Benxamíns 6-2 A Baña

Cire Melide 7-1 Prebenxamíns

Xornads 23/10/16

SENIOR A

Viaxamos a Padrón para enfrentarnos a un mítico destas ligas, o Flavia. Un equipo que sempre está ahi loitando ata o final. Nos seguimos sen coñecer a derrota e vimos de empatar na casa, polo que tentaremos continuar con esta boa racha mentras poidamos. o partido será as 17:15, e haberá bus con saída do Dolmen as 15:00

SENIOR B

Recibimos na Rega a un equipo chamado a estar arriba. O Deixebre ven de perder a categoría este ano, pero que volveu empezar con bo pe para volver a categoría na que estaba. Nos seguimos con moitas baixas pero intentaremos poñerllo complicado a este gran equipo. O partido será as 16:30 no campo da Rega, Cabaleiros.

CADETES

Recibimos en Cabaleiros o Calo o Domingo as 11:00

INFANTÍS

Recibimos en Cabaleiros o Peleteiro o Sábado as 11:00

ALEVÍNS

Recibimos en Cabaleiros o Dubra B o Domingo as 12:30

BENXAMÍNS

Recibimos en Cabaleiros A Baña o Sábado as 12:30

PREBENXAMÍNS

Viaxamos as terras de Melide para enfrentarnos o Cire Melide o Sábado as 12:00

Décimo Aniversario Copa

O Sábado pasado reunironse para facer unha cena ata altas horas estes cracks das fotos. E que son? Pois unha foto dátase da tempada 05/06 na que, por aquel entonces, os xuvenís se alzaron coa Copa de Liga, primer trofeo da SD Tordoia. Estaban dirixidos polo gran Majuca, e máis tarde Castiñeiras.Nese ano o ser poucos equipos para unha liga, fíxose primeiro unha copa e despois unha liga. Proclamáronse  campións antes da última xornada logo de conseguir moi bos resultados. Despois encararon a liga con moita gana de conseguir o ascenso a División Galega, pero por diferentes atrancos no camiño, non o deron conseguido. E por último conseguiron chegar a Semifinais da Copa do Sar.

E na última foto son os mesmos, a falta de 3, dez ano despois que se volveron xuntar para un noite de grandes recordos e bo compañía.

Grande recordos exitosos da SD!!!!!