Tras recibir a sanción do Comité de Competición e Disciplina da FGF, pola que debemos celebrar un partido a porta cerrada e abonar unha multa de 300€ por insultos de caracter racista, xenófobo ou ofensivo ó colexiado do último encontro de liga disputado no campo de Santaia, correspondente a 1ª Rexional Grupo 2, desde a Directiva do Clube queremos notificar que:
1º A SD Tordoia está TOTALMENTE en contra das actitudes racistas, xenófobas ou ofensivas no mundo do fútbol.
2º Desde todos os estamentos do clube se inculca os xogadores/as técnicos/as e colaboradores/as a tolerancia e o respeto.
3º Solicitamos a colaboración de todos os socios/as e aficinados/as que cada domingo acoden a animarnos para evitar situacións e manter así o bo nome da SD Tordoia.
4º Dado que consideramos a sanción como inxusta, posto que non se identificaron os autores dos insultos, interpuxemos un recurso ante o Comité correspondente para que a mesma sexa revisada.