Resutaldos Xornada 29/01/17

Resultados dos nosos con 1 victoria, 4 empates e 3 derrotas

Senior A 1-1 Val do Ulla

Trazo B 1-1 Senior B

Femiastur 8-0 Femenino

Cadetes 1-4 Negreira

Infantiles 1-1 Oroso C

Alevins 0-12 Oroso B

Benxamins 5-2 O Pino

Prebenxamins 1-1 Cire Melide

Partidos Xornada 29/01/17

 

SENIOR A

Recibimo no campo de Santaia o Val do Ulla domingo as 16:00. Un equipo que se sitúa na zona baixa pero que sempre loita ata o último momento e que sempre se fai complicado de batir. Nos saíremos coa intención de volver a senda da victoria e poder seguir sumando outra vez de +3

SENIOR B

Toca derbi. O domingo visitamos o campo dos nosos veciños de Trazo para enfrentarnos o Trazo B as 18:30. Duelo de filiais e derbi, para un tarde de domingo. Que máis se pode pedir? Nos tentaremos seguir co bo xogo e a ver se damos metido dentro o lote de ocasións que xeramos. E como sempre se dixo: os derbis non se xogan…..

FEMENINO

Toca viaxar a fora. Desta volta visitamos Avilés para enfrentarno o Femiastur. Un equipo que quere poñer terra de por medio cos postos de abaixo, e nos que temos que intentar que se manteña ahi e traer os 3 puntos para seguir vivas na loita. O partido será o Sábado as 16:00

CADETES

Recibimos na Rega o Negreira o Domingo as 11:00

INFANTÍS

Recibimos na Rega o Oroso C o Sábado as 10:00

ALEVÍNS

Recibimos o Domingo na Rega o Oroso B as 12:30

BENXAMÍNS

Recibimos na Rega o Pino o Sábado as 12:00

PREBENXAMÍNS

Recibimos na casa o Sábado o Cire Melide as 13:00 na Rega

Entrevista a Maria!!!

Pois seguimos, como cada semana, coas entrevistas. Desta volta tócalle o turno a unha rapaza moi importante no femenino dende a súa creación e que é unha das capitanas, María.

Hoxe é o teu turno María, lider e buque insignia deste Tordoia Femenino que naceu fai poucos anos. Como surguiu a idea de facer un femenino en Tordoia? Foi fácil xuntar as rapazas?

Holaa! A idea xurdiu dunhas rapazas de aquí do pobo. De entrada, aquelo parecía unha locura, un equipo de fútbol feminino en Tordoia? Parecía algo impensable a verdad, pero a idea seguiu adiante e pouco a pouco xuntando rapazas do pobo comezou.

Lembro os primeiros adestramentos, a maioría nunca xogara o fútbol e estaban aprendendo a golpear un balón. Outras como moito tivéramos experiencia no fútbol sala. En principio éramos unas vinte xogadoras, animáronse bastantes a formar parte deste proxecto aunque pasado o tempo foi disminuindo o número de xogadoras.

Os primeiros anos foron difíciles, como os afrontou o equipo?

Foron difíciles en canto a resultados. Acabábamos de comezar e para nós era un mundo novo pero un mundo cheo de ilusión e ganas de mellorar. Perdíamos case sempre, apenas sabíamos o que era unha vitoria pero a volta no bus, nadie nos quitaba a sonrisa da cara, as ganas de cantar canción tras canción e por suposto as ganas de seguir adiante.

E despois chegou o ano de comezar a subir, primerio de segunda autonómica galega a primeira autonómica galega, e despois a segunda división nacional. Como chegastes a propoñervos o tema de ascender?

Despois do duros comezos quen nolo iba decir. Creo que a ninguna de nós nunca se nos pasou pola cabeza que algún día podíamos chegar a ascender de categoría. O paso a primeira galega no que foi todo emoción para todas, un ascenso máis que merecido despois de todo o traballo e esforzo realizado e máis do mismo posteriormente coa chegada a Nacional que era un soño ata que chegamos nós inalcanzable.

Unha vez en nacional, que logo se di pero hai que chegar, que non é facil, cómo asimilastes no vestiario eso de ter enfrente equipos de nome no ámbito do fútbol español?

Buf si era impensable un ascenso imagínate chegar a categoría Nacional. Para nós foi algo impresionante, algo único que nun primeiro momento quizais nos puxo un pouco de respeto a categoría a que nos íbamos a enfrontar pero dada a oportunidade había que aproveitala, vivir a experiencia, aprender e sobretodo disfrutar e pasalo ben. Sabíamos que a tempada iba ser moi complicada, iban a cambiar moito as cousas respecto as categorías anteriores pero pasara o que pasara ante todo había que manter este grupo tan bo que temos no vestiario que é a clave de este equipo femenino.

Un ano en Nacional no que se conseguiu o obxetivo, permanecer. Foi máis dificil do que esperabades?

Competimos con equipos máis fortes e con máis presuposto pero como dixen anteriormente nada é imposible para este vestiario forte e unido que temos. O traballo, a constancia, o esforzo, o compromiso, a amizade fixoo mais fácil e a pesar de lesións, derrota tras derrota e outros contratempos, loitamos sempre ata o final como un equipo e de ahí a permanencia do noso primeiro ano en Nacional.

E outro torneo tamén no que o Tordoia Femenino puxo un nome é na Copa de Galicia chegando 3 anos seguidos á final de distintas divisións, aunque conseguindo o segundo posto. Será este ano o bo?

Foron tres finais diferentes pero ó mismo tempo con un mismo obxetivo, ganar. Non puido ser pero houbo cousas que compensaron esas derrotas. Eu quédome con unha principalmente, a primeira. Quizais por eso mismo, por ser a primeira, na que non tiñamos idea do que alí nos esperaba, aquelo foi impresonante, non hai palabras para describir ese día. O vivido alí con toda esa xente que nos veu apoiar, animándonos en todo momento, aqueles aplausos, aqueles cánticos… poñía os pelos de  punta. E este ano porque non? Todo pode ser, difícil si pero non hai nada imposible.

Que opinas da progresión, ano tras ano, da SDT tanto en equipos senior, femenino e da base?

Considero que ano tras ano se da un paso de calidad en toda a estructura tanto en equipos senior, feminino e categorías base. No tempo transcurrido prodúcese unha chamativa transformación tanto na forma e fondo da estructura como na popularidad do fútbol no pobo intentando desarrollar e promover a participación deportiva e cultural entre todas as persoas dentro do seu ámbito, difundir a través de charlas, debates o deporte como formación para o desarrollo das personas e por suposto elevar a máxima potencia a progresión de todos os equipos en cada nova campaña deportiva.

Para rematar, di ou pídelle o que queiras a adestradores, diretiva ou afición.

Primeiramemte darlle as gracias a todos. A unha aficción que en ningún momento nos dou a espalda, gracias por seguirnos partido a partido e sempre estar ahí apoiándonos. Pedirlle por suposto que non deixen de facelo e sigan vindo sempre, que sean incondicionales sexa cal sexa o resultado. Por outro lado agradecer toda a  labor que desempeñan tanto a directiva como adestradores para que este club siga adiante e mellorando ano tras ano. Todos xuntos formamos parte de este equipo!

Preguntas rápidas:

Cor favorita? Verde

Sitio para vivir? Londres

Hobbies? Viaxar, compras e fútbol

Chico ideal? Andrés Velencoso

Depor ou Madrid? Madrid

Tordoia ou Madrid? Tordoia, por suposto.

Lucas Pérez, Cristiano ou Messi? Ningún (entre risas)

Música preferida? Pop, bachata,…

Verbena ou movida? Ambas

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Comida preferida? Pasta

Xantar ou cea? Xantar

Na entrevista da semana que ven teremos unha persoa que leva bastantes anos involucrada nesto do fútbol e da SDT. Unha persoa que sempre se preocupou pola SDT, unha persoa….. Non te perdas a entrevista da semana que ven.
http://www.sdtordoia.com

 

Resultados Xornada 22/1/17

Resultados dos nosos con 3 victorias e 3 derrotas

Fisterrá 1-0 Senior A

Senior B 1-2 Sp. Santiago

Compañia Maria 0-1 Cadetes

Infantiles 1-2 Belvís

Milladoiro C 0-4 Alevíns

Benxamíns 1-2 Benxamíns

Partidos Xornada 22/01/17


SENIOR A

Viaxamos a Fisterra para enfrentarnos a eles o Domingo as 16:30 no seu campo. Un campo complicado o que queremos ir a puntuar de tres e seguir mantendonos ahi nos postos altos da táboa, e seguir sumando.

Haberá bus con saída no Dolmen as 14:00 para todo aquel que queira viaxar co equipo.

SENIOR B

Recibimos no campo de Cabaleiros o Sporting Santiago o Domingo as 16:00. Logo de facer un bo encontro a semana pasada, que se complicou por varios acontecementos do partido, este domingo queremos seguir facendo bo fútbol e a victoria chegará.

CADETES

Tóca ir a Santiago para enfrentarse o Compañia de María no campo do Conxo o Domingo as 10:15

INFANTÍS

Recibimos na Rega o Belvís o Sábado as 11:30

ALEVÍNS

Tócalles ir o Milladoiro para enfrentarse o Milladoiro C o Domingo as 12:30

BENXAMÍNS

Tócalles ir o Milladoiro para enfretarse o Milladoiro C o Sábado as 12:30

Entrevista a Juan, Coordinador Deportivo!!

Se a semana pasada entrevistabamos a unha persoa importante para esta familia, como era o presidente, esta semana tócalle a unha persoa, tamen moi importante na coordinación das nosas categorías, Juan.

Bueno Juan pos aquí estamos, a lotería non tocará pero esto si(entre risas).  Juan Manuel Liste, un home que sempre o dou todo como xogador, como adestrador, e agora tamen como coordinador esta tempada. Que nos podes contar destas etapas diferentes?

   Moi boas, primeiro agradecerche que contases conmigo para esta entrevista; en relación á primeira pregunta comentar que son etapas distintas pero todas che aportan algo especial. Cada unha é diferente polo rol que desempeñas dentro da entidade, pero como dicimos todos os que estamos vinculados a este clube, esto é mais ca un equipo de fútbol, esto é unha gran familia. Está claro que os éxitos deportivos son bonitos, pero do que se trata tanto de xogador como de entrenador, e agora de coordinador, é de aprender e inculcar uns valores que se poden trasladar fóra dos terreos de xogo (así como de conseguir amizades que co paso dos anos poidas contar con eles.)

Se tiveras que escoller, con que etapa te quedarías?E por que?

   Pois é dificil escoller, pero quizais se me tivese que quedar con unha etapa en concreto, penso que elixiría a de xogador porque no meu caso adiqueime a este hobbie desde moi pequeno, disfrutando fútbol e das amistades que xurden ao ser un deporte en equipo. Sen embargo, de entrenador tamén recibes o cariño e o aprecio dos nenos, así como a satisfacción de ensinar uns conceptos deportivos; e como coordinador aprendes a ver ao clube dende unha perspectiva diferente e a ser resolutivo cos problemas que poidan xurdir, o que tamén che pode axudar no ámbito personal. De todas as etapas se aprende moito e serven para medrar como persoa.

Este ano fas dúas labores, unha como segundo adestrador do Senior A, e outra como coordinador. Que tal é eso de ser coordinador? Que tal cos adestradores e cos nenos? Ves algunha mellora neste últimos ano?

   A coordinación é sinxela, recibo todas as facilidades posibles tanto da directiva como dos entrenadores, así como do anterior coordinador Alberto Calviño limitándome básicamente a continuar co seu traballo. Hai que ser organizado e máis que nada regular os horarios das categorías e marcar unhas pautas a seguir, pero como dixen antes, co grupo de entrenadores deste ano todo iso é moi doado. Despois, lidiar cos nenos é moi facil pero é un pouquiño máis complicado facelo cos pais aínda que sempre se atoparon solucións para poder contentar a todos. Ano tras ano trátase de mellorar e estase conseguindo formar unha escola deportiva asentando unha moi boa base e uns conceptos futbolísticos para que unhas categorías se axuden ás outras e perpetuar o clube.

E como dixemos, tamen eres segundo adestrador do Senior A. Como ves a liga deste ano? Obxectivo?

   O nivel da liga deste ano incrementouse con respecto ao do ano pasado. Baixo o meu criterio hai equipos de moito nivel e con xogadores de calidade, incluso algún con certo renome en categorías superiores, sen embargo a meta dun equipo ten que ser ambiciosa e loitar por uns obxectivos o máis altos posibles, e esa creo que é a nosa ilusión. Cun grupo unido como o que temos e apostando por xente da casa con moita calidade e proxección podemos e debemos aspirar ao máximo e non conformarnos ca permanencia, eso si, sempre cos pés na terra e traballando con humildade e sacrificio que é o mais importante. Despois só o esforzo e a sorte dirán onde debemos estar.

Sempre se fala de unión nesta familia da SDT. Ti como ves este tema?

   Home pois que che vou dicir eu se me sinto parte desta familia. Duns anos para aquí a unión que existe entre os xogadores, corpo técnico e directiva é fantástica e sempre se trata de fomentar aínda máis esa unión con fichaxes que nos poidan aportar melloras no ámbito deportivo pero que tamén sepan formar grupo. Da gusto poder coincidir fóra dos terreos de xogo, e do primeiro ao último, do máis vello ao máis novo, coincidas con calquera e sabes que podes tomar algo e botar uns contiños sen ningún problema, e eso é algo do que nos sentimos orgullosos e do que poucos equipos poden presumir.

Para rematar, deixamosche que lle digas ou pidas algo os adestradores, nen@s, pais, xogadores, directivos, afición,…..

   O único que se lle pode dicir aos membros da directiva, corpo técnico e xogadores/as é agradecer a labor que desempeñan cada un deles e delas, perdendo do seu tempo libre e esforzándose cada día para axudar ao noso clube, e iso xa é algo que alabar.

Aos pais e ás nais, que sigan confiando nesta entidade e que continuen traendo aos nenos porque eles son o futuro da SD Tordoia e que gracias a eles seguimos crecendo mellorando cada ano.

Por último, á aficción que nos sigue cada día, pedir que siga asistindo e animando pero sempre con respecto, porque da gusto poder ir aos partidos e ver os campos cheos, todos tirando cara unha mesma dirección e cun mesmo propósito que non é outro que disfrutar do fútbol.
Preguntas rápidas:

Cor favorita? Azul

Sitio para vivir? Hawaii

Hobbies? Pádel, fútbol e videoxogos

Rubias ou morenas? A cervexa rubia e fría (entre risas e con un guiño)

Depor ou Celta? Depor sempre

Lucas Pérez ou Andone? Non me importa tanto o nome como o que demostren no campo, mentres o deen todo por defender o escudo terá o meu apoio

Música preferida? Pop

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Verbena ou movida? Calquera das dúas valen para pasalo ben

Comida ou cea? Comida

Comida preferida? Calquer tipo de comida italiana

Tordoia ou Depor? Tordoia antes que Depor

A entrevista da semana que ven será de unha persoa que sempre o dou todo dentro do seu equipo, segue e seguirá dando. Asique non a perdades.


http://www.sdtordoia.com

Vamonoh pa Avilés!!!

Logo de un boa partido feito este domingo na Rega ante un equipo dos postos altos, tócanos xornada de descanso para despois ir a Avilés. O fin de semana que ven tócanos o Femiastur na súa casa. Unha final máis no noso camiño, dado que este fin de semana un dos equipos da zona baixa volveu gana e distanciase. Iremos con algunha baixa, pero coa motivación alta do bo xogo, e logo do descanso.

Asique se queres acompañar a nosa expedición non o dudes!!!

Resultados Xornada 15-01-17

Os resultados de hoxe dos nosos foron 2 victorias, 4 derrotas e 1 empate

Senior A 0 – 1 Agolada

Montaos 3 – 1 Senior B

Femenino 1 – 3 Friol

Cadetes 2 – 1 Victoria B

Victoria 2 – 1 Infantiles

Benxamíns 3 – 1 Praíña

Arzúa 1 – 1 Prebenxamíns

Partidos Xornada 15/1/17


SENIOR A

Partidazo no campo de Gorgullos. Un partido de altura, e de tanta altura que se enfrentan o segundo e o terceiro. Arrancamos a segunda volta, despois de facer unha boa primeira volta. O obxetivo segue sendo o mesmo, o cal queremos certificar canto antes, e a partir de ahí sumar. Asi que non vos perdades este partidazo, e vide animar o noso equipo. Domingo as 16:15, recibimos o Agolada.

SENIOR B

Toca ir a terras de Ordes para enfrentarse o Montaos, un claro candidato o ascenso. Comeza a segunda volta e iremos para intenter comezala con bo pe. O partido serà en Montaos o domingo as 16:00

FEMENINO

Primeiro partido deste novo ano na Rega, e ante un gran equipo como é o Friol. Logo de facer un bo partido en terras de Xixón, a pesar da derrota, este domingo na Rega sairemos coa mesma gana e tentar reter os 3 puntos na casa. Asique esperamosvos na Rega, logo de ver o partido do A en Gorgullos. O partido na Rega será as 18:00

CADETES

Reciben en Cabaleiros o Victoria B, Domingo as 11:00

INFANTÍS

Viaxan a Santiago para enfrentarse mañá as 11:15 o Victoria no Sergas

BENXAMÍNS

Reciben mañá en Cabaleiros as 11:30 o Praíña

PREBENXAMÍNS

Mañá Sábado as 12:30  contra o Arzúa no seu campo

ENTREVISTA OSCAR GOLÁN

Chegou o día de estrear esta nova sección na nova páxina da SD. Unha sección na que entrevistaremos a unha persoa do clube (directiva, adestradores, xogadores,…). E para facer a estrea tocoulle nada máis e nada menos que o noso presidente, Óscar Golán.

Bueno Óscar, foches o agraciado de poder estrear esta nova sección, nada máis e nada menos que o presidente. Cargo no que levas xa anos, como afrontas este?

En primeiro lugar, quero felicitar a persoa que leva todo o tema das redes sociais, pola creación desta sección que seguro, nos acerca máis a toda a familia da SD. Este ano afrontoo como todos os anteriores, con ilusión e ganas de que esto siga crecendo a todos os niveis, aínda que por motivos laborais esta tempada non poño todas as horas que necesita este clube.

Que nos podes contar da evolución de cada categoría que compón a SD?

Creo que nos cinco anos que levo aquí xunto coa directiva, cada ano notamos unha melloría en todo. O fútbol base cada vez estámolo intentando convertir nunha escola deportiva, que é o que queremos para que os nosos rapaces sigan medrando tanto a nivel deportivo como persoal. A figura do coordinador deportivo, xunto coa de conseguir dous adestradores por equipo, axúdannos a que esto se vaia facendo realidade. Estamos moi contentos coa progresión dos nenos, que se reflícte en obter mellores clasificacións ano tras ano. En canto o femenino, que máis se lle pode pedir, de segunda autonómica galega que estean paseando o nome de Tordoia a nivel nacional xa é un éxito enorme, e este ano a tentar salvar a categoría. E os senior, o B pouco a pouco estamos intentando que mellore e se poñan boas costumes, e estou seguro que irá crecendo; e respecto ó Senior A, tampouco lle podemos pedir máis, chegar a primeira autonómica, o primeiro ano nesta liga novenos e ahí estamos, de terceiros neste segundo ano, nunha liga moi complicada e loitando con equipos que fai poucos anos era impensables para nós.  Coa loita que poñen este xogadores cada partido, nunca se poden poñer metas, aquí o único que se lles pide é que queden o máis arriba posible e estano cumplindo con creces. Todo esto que consiguen as categorías ten unhas bases: loita, compromiso e unión.

Este fin de semana o femenino ven de viaxar a Xixón, e para o fin de semana que ven toca volver a Avilés. Como se levan estos desprazamentos?

Lévanse ben a verdade, moi contento de poder vivir estas experiencias, son momentos que me van a quedar sempre grabados na memoria e esto teño que agradecerllo a estas rapazas que tanto loitan. Agora quedannos dous meses de viaxes case seguidos e vamos, evidentemente, a pola victoria, e de paso a disfrutar un pouquiño dos lugares.

Fai poucas semanas  o Senior A tivo que xogar un partido a porta pechada por insultos racistas hacia un árbitro, que opinas de dita sanción?

O da sanción pareceme unha barbaridade. Para o clube foi unha sanción desproporcionada, primeiro porque non tiñamos antecedentes, e segundo, que aínda ese árbitro non foi capaz de decirme quen lle dixera o insulto. É moi fácil decir que alguén insultou pero non mollarse, e eso é o que pasou, o cal non sabemos se é verdade. O que máis nos doe é o mal lugar no que quedou a nosa afición sin comelo nin bebelo. Con esto que digo, evidentemente non estou a favor de insultos racistas para nada, pero creo que esto se lle foi das mans, e para min, cerrar un campo así, sen probas, abre un precedente moi importante.

Nas gradas de Cabaleiros fíxose algunha mellora, e no campo de Santaia estase coas gradas. Que opinas de todas estas melloras que se van facendo?

   Pois moi contentos con todo o que nos fan, estamos mellorando pouco a pouco as instalacións, obras puntuais que nos fan crecer e que nos últimos anos van unhas cuantas. Evidentemente o das gradas de Santaia é importante, aínda que vai máis lento do pensado pero esperemos que pronto as terminen. Tamén houbo varias obras, como o arreglo de duchas nos vestiarios para @s nen@s en Cabaleiros, os vestiarios de Santaia, a grada de Cabaleiros…e así máis cousas, como o arreglo no último roubo que sufrimos. Desde aquí doulle as gracias de parte de toda a directiva que formamos a SD ó noso Concello por todo o que nos están axudadando e esperamos que sigan colaborando con nós por moito tempo.

E xa pa rematar, que lle dirías os xogadores, directivos, afición, persoal,….??

O persoal do clube e xogadores darlle as gracias por todo o que se moven, o que loitan, o compromiso que teñen hacia este escudo e os esforzos que fan para que esto siga crecendo ano tras ano.

E a afición que máis pedirlle? que nunca se veñan abaixo, que sigan enchendo os nosos campos, que nos sigan acompañando a fora e que teñan por seguro que tanto a directiva como entrenadores e xogadores podemonos equivocar, pero sempre miramos polo ben do clube e que estamos mais unidos ca nunca. Que o seu apoio siga a todolos niveis e que sigan colaborando co crecemento da SD Tordoia.

PREGUNTAS RÁPIDAS:

Cor favorita? Amarelo

Hobbies? Fútbol, viaxar e pádel

Tordoia ou Depor? Os dous. Corazón dividido. Antes de entrar aquí Depor seguro. Pero unha vez que entras nesta familia,  e imposible saír dela. Tordoia e Depor sempre por igual.

Depor ou Celta? Depor. Esta pregunta sobra, Depor sin dudalo, o outro no coñezo(entre risas)

Lucas Pérez ou Andone? Lucas

Música preferida? Pop

Verbena ou movida? Verbena

Rubias ou morenas? Morenas

Comida preferida? Ameixas

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Na seguinte teremos a entrevista de outra persoa, que leva unha vida adicada a SD, tanto dentro como fora do campo. Un exemplo a seguir. Asique estar atentossss!!! E gracias por seguirnos!!