ENTREVISTA OSCAR GOLÁN

Chegou o día de estrear esta nova sección na nova páxina da SD. Unha sección na que entrevistaremos a unha persoa do clube (directiva, adestradores, xogadores,…). E para facer a estrea tocoulle nada máis e nada menos que o noso presidente, Óscar Golán.

Bueno Óscar, foches o agraciado de poder estrear esta nova sección, nada máis e nada menos que o presidente. Cargo no que levas xa anos, como afrontas este?

En primeiro lugar, quero felicitar a persoa que leva todo o tema das redes sociais, pola creación desta sección que seguro, nos acerca máis a toda a familia da SD. Este ano afrontoo como todos os anteriores, con ilusión e ganas de que esto siga crecendo a todos os niveis, aínda que por motivos laborais esta tempada non poño todas as horas que necesita este clube.

Que nos podes contar da evolución de cada categoría que compón a SD?

Creo que nos cinco anos que levo aquí xunto coa directiva, cada ano notamos unha melloría en todo. O fútbol base cada vez estámolo intentando convertir nunha escola deportiva, que é o que queremos para que os nosos rapaces sigan medrando tanto a nivel deportivo como persoal. A figura do coordinador deportivo, xunto coa de conseguir dous adestradores por equipo, axúdannos a que esto se vaia facendo realidade. Estamos moi contentos coa progresión dos nenos, que se reflícte en obter mellores clasificacións ano tras ano. En canto o femenino, que máis se lle pode pedir, de segunda autonómica galega que estean paseando o nome de Tordoia a nivel nacional xa é un éxito enorme, e este ano a tentar salvar a categoría. E os senior, o B pouco a pouco estamos intentando que mellore e se poñan boas costumes, e estou seguro que irá crecendo; e respecto ó Senior A, tampouco lle podemos pedir máis, chegar a primeira autonómica, o primeiro ano nesta liga novenos e ahí estamos, de terceiros neste segundo ano, nunha liga moi complicada e loitando con equipos que fai poucos anos era impensables para nós.  Coa loita que poñen este xogadores cada partido, nunca se poden poñer metas, aquí o único que se lles pide é que queden o máis arriba posible e estano cumplindo con creces. Todo esto que consiguen as categorías ten unhas bases: loita, compromiso e unión.

Este fin de semana o femenino ven de viaxar a Xixón, e para o fin de semana que ven toca volver a Avilés. Como se levan estos desprazamentos?

Lévanse ben a verdade, moi contento de poder vivir estas experiencias, son momentos que me van a quedar sempre grabados na memoria e esto teño que agradecerllo a estas rapazas que tanto loitan. Agora quedannos dous meses de viaxes case seguidos e vamos, evidentemente, a pola victoria, e de paso a disfrutar un pouquiño dos lugares.

Fai poucas semanas  o Senior A tivo que xogar un partido a porta pechada por insultos racistas hacia un árbitro, que opinas de dita sanción?

O da sanción pareceme unha barbaridade. Para o clube foi unha sanción desproporcionada, primeiro porque non tiñamos antecedentes, e segundo, que aínda ese árbitro non foi capaz de decirme quen lle dixera o insulto. É moi fácil decir que alguén insultou pero non mollarse, e eso é o que pasou, o cal non sabemos se é verdade. O que máis nos doe é o mal lugar no que quedou a nosa afición sin comelo nin bebelo. Con esto que digo, evidentemente non estou a favor de insultos racistas para nada, pero creo que esto se lle foi das mans, e para min, cerrar un campo así, sen probas, abre un precedente moi importante.

Nas gradas de Cabaleiros fíxose algunha mellora, e no campo de Santaia estase coas gradas. Que opinas de todas estas melloras que se van facendo?

   Pois moi contentos con todo o que nos fan, estamos mellorando pouco a pouco as instalacións, obras puntuais que nos fan crecer e que nos últimos anos van unhas cuantas. Evidentemente o das gradas de Santaia é importante, aínda que vai máis lento do pensado pero esperemos que pronto as terminen. Tamén houbo varias obras, como o arreglo de duchas nos vestiarios para @s nen@s en Cabaleiros, os vestiarios de Santaia, a grada de Cabaleiros…e así máis cousas, como o arreglo no último roubo que sufrimos. Desde aquí doulle as gracias de parte de toda a directiva que formamos a SD ó noso Concello por todo o que nos están axudadando e esperamos que sigan colaborando con nós por moito tempo.

E xa pa rematar, que lle dirías os xogadores, directivos, afición, persoal,….??

O persoal do clube e xogadores darlle as gracias por todo o que se moven, o que loitan, o compromiso que teñen hacia este escudo e os esforzos que fan para que esto siga crecendo ano tras ano.

E a afición que máis pedirlle? que nunca se veñan abaixo, que sigan enchendo os nosos campos, que nos sigan acompañando a fora e que teñan por seguro que tanto a directiva como entrenadores e xogadores podemonos equivocar, pero sempre miramos polo ben do clube e que estamos mais unidos ca nunca. Que o seu apoio siga a todolos niveis e que sigan colaborando co crecemento da SD Tordoia.

PREGUNTAS RÁPIDAS:

Cor favorita? Amarelo

Hobbies? Fútbol, viaxar e pádel

Tordoia ou Depor? Os dous. Corazón dividido. Antes de entrar aquí Depor seguro. Pero unha vez que entras nesta familia,  e imposible saír dela. Tordoia e Depor sempre por igual.

Depor ou Celta? Depor. Esta pregunta sobra, Depor sin dudalo, o outro no coñezo(entre risas)

Lucas Pérez ou Andone? Lucas

Música preferida? Pop

Verbena ou movida? Verbena

Rubias ou morenas? Morenas

Comida preferida? Ameixas

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Na seguinte teremos a entrevista de outra persoa, que leva unha vida adicada a SD, tanto dentro como fora do campo. Un exemplo a seguir. Asique estar atentossss!!! E gracias por seguirnos!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s