Entrevista a Juan, Coordinador Deportivo!!

Se a semana pasada entrevistabamos a unha persoa importante para esta familia, como era o presidente, esta semana tócalle a unha persoa, tamen moi importante na coordinación das nosas categorías, Juan.

Bueno Juan pos aquí estamos, a lotería non tocará pero esto si(entre risas).  Juan Manuel Liste, un home que sempre o dou todo como xogador, como adestrador, e agora tamen como coordinador esta tempada. Que nos podes contar destas etapas diferentes?

   Moi boas, primeiro agradecerche que contases conmigo para esta entrevista; en relación á primeira pregunta comentar que son etapas distintas pero todas che aportan algo especial. Cada unha é diferente polo rol que desempeñas dentro da entidade, pero como dicimos todos os que estamos vinculados a este clube, esto é mais ca un equipo de fútbol, esto é unha gran familia. Está claro que os éxitos deportivos son bonitos, pero do que se trata tanto de xogador como de entrenador, e agora de coordinador, é de aprender e inculcar uns valores que se poden trasladar fóra dos terreos de xogo (así como de conseguir amizades que co paso dos anos poidas contar con eles.)

Se tiveras que escoller, con que etapa te quedarías?E por que?

   Pois é dificil escoller, pero quizais se me tivese que quedar con unha etapa en concreto, penso que elixiría a de xogador porque no meu caso adiqueime a este hobbie desde moi pequeno, disfrutando fútbol e das amistades que xurden ao ser un deporte en equipo. Sen embargo, de entrenador tamén recibes o cariño e o aprecio dos nenos, así como a satisfacción de ensinar uns conceptos deportivos; e como coordinador aprendes a ver ao clube dende unha perspectiva diferente e a ser resolutivo cos problemas que poidan xurdir, o que tamén che pode axudar no ámbito personal. De todas as etapas se aprende moito e serven para medrar como persoa.

Este ano fas dúas labores, unha como segundo adestrador do Senior A, e outra como coordinador. Que tal é eso de ser coordinador? Que tal cos adestradores e cos nenos? Ves algunha mellora neste últimos ano?

   A coordinación é sinxela, recibo todas as facilidades posibles tanto da directiva como dos entrenadores, así como do anterior coordinador Alberto Calviño limitándome básicamente a continuar co seu traballo. Hai que ser organizado e máis que nada regular os horarios das categorías e marcar unhas pautas a seguir, pero como dixen antes, co grupo de entrenadores deste ano todo iso é moi doado. Despois, lidiar cos nenos é moi facil pero é un pouquiño máis complicado facelo cos pais aínda que sempre se atoparon solucións para poder contentar a todos. Ano tras ano trátase de mellorar e estase conseguindo formar unha escola deportiva asentando unha moi boa base e uns conceptos futbolísticos para que unhas categorías se axuden ás outras e perpetuar o clube.

E como dixemos, tamen eres segundo adestrador do Senior A. Como ves a liga deste ano? Obxectivo?

   O nivel da liga deste ano incrementouse con respecto ao do ano pasado. Baixo o meu criterio hai equipos de moito nivel e con xogadores de calidade, incluso algún con certo renome en categorías superiores, sen embargo a meta dun equipo ten que ser ambiciosa e loitar por uns obxectivos o máis altos posibles, e esa creo que é a nosa ilusión. Cun grupo unido como o que temos e apostando por xente da casa con moita calidade e proxección podemos e debemos aspirar ao máximo e non conformarnos ca permanencia, eso si, sempre cos pés na terra e traballando con humildade e sacrificio que é o mais importante. Despois só o esforzo e a sorte dirán onde debemos estar.

Sempre se fala de unión nesta familia da SDT. Ti como ves este tema?

   Home pois que che vou dicir eu se me sinto parte desta familia. Duns anos para aquí a unión que existe entre os xogadores, corpo técnico e directiva é fantástica e sempre se trata de fomentar aínda máis esa unión con fichaxes que nos poidan aportar melloras no ámbito deportivo pero que tamén sepan formar grupo. Da gusto poder coincidir fóra dos terreos de xogo, e do primeiro ao último, do máis vello ao máis novo, coincidas con calquera e sabes que podes tomar algo e botar uns contiños sen ningún problema, e eso é algo do que nos sentimos orgullosos e do que poucos equipos poden presumir.

Para rematar, deixamosche que lle digas ou pidas algo os adestradores, nen@s, pais, xogadores, directivos, afición,…..

   O único que se lle pode dicir aos membros da directiva, corpo técnico e xogadores/as é agradecer a labor que desempeñan cada un deles e delas, perdendo do seu tempo libre e esforzándose cada día para axudar ao noso clube, e iso xa é algo que alabar.

Aos pais e ás nais, que sigan confiando nesta entidade e que continuen traendo aos nenos porque eles son o futuro da SD Tordoia e que gracias a eles seguimos crecendo mellorando cada ano.

Por último, á aficción que nos sigue cada día, pedir que siga asistindo e animando pero sempre con respecto, porque da gusto poder ir aos partidos e ver os campos cheos, todos tirando cara unha mesma dirección e cun mesmo propósito que non é outro que disfrutar do fútbol.
Preguntas rápidas:

Cor favorita? Azul

Sitio para vivir? Hawaii

Hobbies? Pádel, fútbol e videoxogos

Rubias ou morenas? A cervexa rubia e fría (entre risas e con un guiño)

Depor ou Celta? Depor sempre

Lucas Pérez ou Andone? Non me importa tanto o nome como o que demostren no campo, mentres o deen todo por defender o escudo terá o meu apoio

Música preferida? Pop

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Verbena ou movida? Calquera das dúas valen para pasalo ben

Comida ou cea? Comida

Comida preferida? Calquer tipo de comida italiana

Tordoia ou Depor? Tordoia antes que Depor

A entrevista da semana que ven será de unha persoa que sempre o dou todo dentro do seu equipo, segue e seguirá dando. Asique non a perdades.


http://www.sdtordoia.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s