Entrevista a Maria!!!

Pois seguimos, como cada semana, coas entrevistas. Desta volta tócalle o turno a unha rapaza moi importante no femenino dende a súa creación e que é unha das capitanas, María.

Hoxe é o teu turno María, lider e buque insignia deste Tordoia Femenino que naceu fai poucos anos. Como surguiu a idea de facer un femenino en Tordoia? Foi fácil xuntar as rapazas?

Holaa! A idea xurdiu dunhas rapazas de aquí do pobo. De entrada, aquelo parecía unha locura, un equipo de fútbol feminino en Tordoia? Parecía algo impensable a verdad, pero a idea seguiu adiante e pouco a pouco xuntando rapazas do pobo comezou.

Lembro os primeiros adestramentos, a maioría nunca xogara o fútbol e estaban aprendendo a golpear un balón. Outras como moito tivéramos experiencia no fútbol sala. En principio éramos unas vinte xogadoras, animáronse bastantes a formar parte deste proxecto aunque pasado o tempo foi disminuindo o número de xogadoras.

Os primeiros anos foron difíciles, como os afrontou o equipo?

Foron difíciles en canto a resultados. Acabábamos de comezar e para nós era un mundo novo pero un mundo cheo de ilusión e ganas de mellorar. Perdíamos case sempre, apenas sabíamos o que era unha vitoria pero a volta no bus, nadie nos quitaba a sonrisa da cara, as ganas de cantar canción tras canción e por suposto as ganas de seguir adiante.

E despois chegou o ano de comezar a subir, primerio de segunda autonómica galega a primeira autonómica galega, e despois a segunda división nacional. Como chegastes a propoñervos o tema de ascender?

Despois do duros comezos quen nolo iba decir. Creo que a ninguna de nós nunca se nos pasou pola cabeza que algún día podíamos chegar a ascender de categoría. O paso a primeira galega no que foi todo emoción para todas, un ascenso máis que merecido despois de todo o traballo e esforzo realizado e máis do mismo posteriormente coa chegada a Nacional que era un soño ata que chegamos nós inalcanzable.

Unha vez en nacional, que logo se di pero hai que chegar, que non é facil, cómo asimilastes no vestiario eso de ter enfrente equipos de nome no ámbito do fútbol español?

Buf si era impensable un ascenso imagínate chegar a categoría Nacional. Para nós foi algo impresionante, algo único que nun primeiro momento quizais nos puxo un pouco de respeto a categoría a que nos íbamos a enfrontar pero dada a oportunidade había que aproveitala, vivir a experiencia, aprender e sobretodo disfrutar e pasalo ben. Sabíamos que a tempada iba ser moi complicada, iban a cambiar moito as cousas respecto as categorías anteriores pero pasara o que pasara ante todo había que manter este grupo tan bo que temos no vestiario que é a clave de este equipo femenino.

Un ano en Nacional no que se conseguiu o obxetivo, permanecer. Foi máis dificil do que esperabades?

Competimos con equipos máis fortes e con máis presuposto pero como dixen anteriormente nada é imposible para este vestiario forte e unido que temos. O traballo, a constancia, o esforzo, o compromiso, a amizade fixoo mais fácil e a pesar de lesións, derrota tras derrota e outros contratempos, loitamos sempre ata o final como un equipo e de ahí a permanencia do noso primeiro ano en Nacional.

E outro torneo tamén no que o Tordoia Femenino puxo un nome é na Copa de Galicia chegando 3 anos seguidos á final de distintas divisións, aunque conseguindo o segundo posto. Será este ano o bo?

Foron tres finais diferentes pero ó mismo tempo con un mismo obxetivo, ganar. Non puido ser pero houbo cousas que compensaron esas derrotas. Eu quédome con unha principalmente, a primeira. Quizais por eso mismo, por ser a primeira, na que non tiñamos idea do que alí nos esperaba, aquelo foi impresonante, non hai palabras para describir ese día. O vivido alí con toda esa xente que nos veu apoiar, animándonos en todo momento, aqueles aplausos, aqueles cánticos… poñía os pelos de  punta. E este ano porque non? Todo pode ser, difícil si pero non hai nada imposible.

Que opinas da progresión, ano tras ano, da SDT tanto en equipos senior, femenino e da base?

Considero que ano tras ano se da un paso de calidad en toda a estructura tanto en equipos senior, feminino e categorías base. No tempo transcurrido prodúcese unha chamativa transformación tanto na forma e fondo da estructura como na popularidad do fútbol no pobo intentando desarrollar e promover a participación deportiva e cultural entre todas as persoas dentro do seu ámbito, difundir a través de charlas, debates o deporte como formación para o desarrollo das personas e por suposto elevar a máxima potencia a progresión de todos os equipos en cada nova campaña deportiva.

Para rematar, di ou pídelle o que queiras a adestradores, diretiva ou afición.

Primeiramemte darlle as gracias a todos. A unha aficción que en ningún momento nos dou a espalda, gracias por seguirnos partido a partido e sempre estar ahí apoiándonos. Pedirlle por suposto que non deixen de facelo e sigan vindo sempre, que sean incondicionales sexa cal sexa o resultado. Por outro lado agradecer toda a  labor que desempeñan tanto a directiva como adestradores para que este club siga adiante e mellorando ano tras ano. Todos xuntos formamos parte de este equipo!

Preguntas rápidas:

Cor favorita? Verde

Sitio para vivir? Londres

Hobbies? Viaxar, compras e fútbol

Chico ideal? Andrés Velencoso

Depor ou Madrid? Madrid

Tordoia ou Madrid? Tordoia, por suposto.

Lucas Pérez, Cristiano ou Messi? Ningún (entre risas)

Música preferida? Pop, bachata,…

Verbena ou movida? Ambas

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Comida preferida? Pasta

Xantar ou cea? Xantar

Na entrevista da semana que ven teremos unha persoa que leva bastantes anos involucrada nesto do fútbol e da SDT. Unha persoa que sempre se preocupou pola SDT, unha persoa….. Non te perdas a entrevista da semana que ven.
http://www.sdtordoia.com

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s