Resultados Xornada 26/02/17

Resultados dos nosos con 1 empate e 1 derrota
Senior A 2 – 2 Riveira
Olivo 3 – 1 Femenino
A destacar o ocorrido no partido do noso Femenino en Vigo. Veñen facendo aliñación indebida nos últimos tres partidos para chegar con xogadoras con 4 amarillas contra nos e contra o monte, e logo de pedir revisión de fichas, por dudas sobre alineación indebida por parte delas, sufrimos falta de respecto e insultos por parte deles, sobre todo do delegado despois de ser expulsado. E non estamos pola labor de ter que aguantar esto, porque se temos que descender descenderemos, pero sempre coa cabeza ben alta e orgullo de facer sempre as cousas ben e dentro das normas. Porque poderemos descender pero sempre dentro do legal!

Partidos Xornada 26/02/17

SENIOR A
Viaxamos a Riveira para enfretarnos o Atl. Riveira no seu campo o Domingo as 17:00. Un partido ante un rival incómodo no seu feudo e con centos de baixas no noso equipo. Pero hai que sobreporse os malos tempos e volver a racha ganadora como sexa coa axuda dos xogadores do filial.

FEMENINO

Partido en Vigo ante o Olivo o Domingo as 17:00, un rival direto na permanencia. Vamos coa idea de sumar tres puntos e seguir sumando pouco a pouco

ENTREVISTA A GAGO!!!



Esteban Gago, capitán do Senior B. Un xogador que sempre intentou entregarse o máximo posible no campo? Como foron os teus comezos no Tordoia??

Pois os comezos datan da miña xuventude, alá por quinto ou sexto de primaria. Os compañeiros de clase dixéronme de ir xogar…e a verdade tirábame máis o balón que ir tocar a gaita!

De todas as tempadas que viviches na SDT, unha delas, a tempada 05/06 foi máis éxitosa quedando primeiros con diferencia nunha liguilla de copa, e despois deixando escapar o ascenso a galega. Os mandos deste equipo Majuca e despois Castiñeiras. Que nos podes contar desa tempada?

Certo, aínda nos xuntamos fai uns meses! Na época eramos coma una piña, ceas a dar e tomar, dos mellores tempos! Saíron grandes amizades desa época.

Con respecto a Majuca e Castiñeiras…pobres deles! Colléronnos nunha época rebelde…pero foron capaces de infundirnos certos valores e responsabilidades!

De fai uns anos para aquí as lesións veñen e van sen deixarche rendir o teu nivel de verdade. Como van esas lesións?

Deben ser os anos pero non hai quen as saque do lombo, penso que xa son cousas que me acompañarán toda a vida.

Falando do eqipo do cal eres capitán, o Senior B. Este ano non está a ser o mellor ano, dado que se compite en partidos pero non se conseguen os resultados. Que está a pasar?

Pois por desgracia penso que faltan ganas e ambición en xeral. Non hai asistencia suficiente aos entrenamentos, sobre entre semana. Pero bueno, certo é que resulta complicado compaxinar a vida laboral ou estudiantil cos entrenamentos

Tamen se está a notar a falta de xuveniles, sobre todo con tanta lesión. Que opinas da falta de xente para a súa creación? Como pode ser que fai anos había máis dedicación o fútbol? 

Parece que a xente nova ten outros pasatempos. Prefire tar na casa sentada a abrigo antes que vir mollar as cachas ao campo.

Que opinas da progresión, ano tras ano, da SDT tanto en equipos Senior, Femenino como da base?

A directiva estivo día a día apoiando aos equipos desde a base que é o que necesitamos. Está claro que na maioría das categorías se nota un progreso. Esperemos que ao Tordoia B nos toque algo deso tamén!

Para rematar deixamos que lle digas o que queiras a directiva, adestradores, xogadores, afición,….

Darlle as grazas á afición que está aí cada domingo, animándonos e apoiándonos, e sobre todo á directiva xa que sen eles non sería posible formar o noso Tordoia B.

PREGUNTAS RÁPIDAS:

Cor favorita? Amarelo e negro

Sitio para vivir? Corcoesto

Hobbies? Fútbol

Chica ideal? Que sexa do Celta

Depor ou Celta? hay dúas cousas claras que este ano non subimos e que eu son do Celta

Iago Aspas, Cristiano ou Messi? Aspas. por suposto

Música preferida? Rap

Verbena ou movida? Movida

Saír de marcha ou leer? Saír

Comida preferida? como portugés…. o bacallau

Xantar ou cea? Xantar

Tordoia ou Celta? Tordoia por suposto

 

E para semana quen será? O que vos podemos adiantar é que  é un home, e que non terá desperdicio a súa entrevista. Asique on dudes en seguirnos!!!

 

http://www.sdtordoia.com

Resultados Xornada 19/02/17

Resultados dos nosos con 2 victorias e 6 derrotas

Silleda 1 – 0 Senior A

Senior B 0 – 2 Milladoiro

Monte 3 – 1 Femenino

Peleteiro 3 – 1 Cadetes

San Pedro 9 – 2 Infantís

Dubra B 2 – 3 Alevíns

Trazo 3 – 4 Benxamíns

Prebenxamíns 4 – 6 Bertamiráns B

GRACIAS!!

Detalle do pai e nai da xogadora do Monte. Dita xogadora sufrira un golpe no partido de ida na Rega tendo que asistir a ambulancia o campo. E hoxe no partido de volta deronnos un detalle o clube por preocuparnos en todo momento polo estado da xogadora e todo o que necesitaran. Estas cousas así son as que nos fan ser máis grandes, e que hai cousas máis importantes que os resultados. Gracias!!

Partidos Xornada 19/02/17


SENIOR A

Toca viaxar a domicilio para enfrentarmos o Silleda, domingo as 17:00. Encadeamos unha racha de resultados negativa, con lesións e sancións, pero seguimos mantendo a cabeza alta polo que sairemos para traer os 3 puntos de volta e non descolgarnos.

Haberá bus ata límite de prazas con saída da Brincadeira as 14:45

SENIOR B

Recibimos na Rega o Milladoiro, o domingo as 16:15. Logo de lograr unha tan ansiada victoria, e con baixas por lesións e por ir co Seniora A, sairemos igualmente a ganar e poder volver sumar de tres.

FEMENINO

Toca desprazamento a Santander para enfrentarnos ò Monte, o domingo as 12:30. Partido ante un rival direto polo noso obxetivopolo que imos con unha idea clara, traer os 3 puntos de volta no bus. 
A expedición sairá o Sábado as 15:00 do Dolmen
CADETES

Toca ir Santiago para enfrentarnos o Peleteiro o domingo as 12:00

INFANTÍS

Vamos a Santiago para enfrentarnos o San Pedroo sábado as 12:45

ALEVÍNS

Imos a Bembibre para enfrentarnos o Dubra B o domingo as 11:00

BENXAMÍNS

Derbi en Trazo para os nosos peques o sábado as 11:00

PREBENXAMÍNS

Sábado as 12:30 recibimos na Rega o Bertamiráns B

ENTREVISTA A LUCIA!!


   A seguinte entrevista para a  actual adestradora dos Prebenxamíns . Non é o primeiro ano que adestras nenos, pero si que o fas na SDT e eres a primeira adestradora da historia. Que tal se portan os nosos máis pequenos?

Igual que os adultos teñen os seus días rebeldes, pero en xeral teño un grupo moi bo, axúdanse entre eles e axúdanme a min, e o final do entreno sempre conseguen sacarche un sorriso, e son as cousas que fan que mereza moito a pena “pelexar” con eles.

   Cos máis peques sempre surgen cousas que che sacan un sorriso. Algún detalle gracioso con eles?

O certo e que moitas pero a que máis recordo foi un día de entrenamento, cando un dos nenos veu correndo cara min chorando, e dixome todo apenado que un dos seus compañeiros lle acababa de dicir que era o “puto amo” do fútbol, con perdón da expresión, en ese momento vinme na situación de explicarlle que a pesar de levar unha palabra tan fea e que non debemos decir, non era un insulto, expliqueille que se utilizaba cando unha persoa era moi boa en algo, pero que era mellor decir que era un crack do fútbol, creo que o final o entendeu porque volveu a entrenar todo contento.

   E papis dende fora que tal se portan. Animan?

Estou moi contenta cos pais de esta xeración, animan sempre a pesar dos resultados, o certo e que entenderon perfectamente que o noso obxectivo e de formación, que primamos que o neno aprenda e o pase ben, xa logo miraremos resultados. Confían no meu traballo e eso e de valorar e moito, algúns incluso me axudan o final dos entrenamientos a recoller cousas.

   E a parte de adestrar tamén eres a porteira do noso Femenino. Fai uns meses sufriches unha lesión que te apartou unhas semanas dos terreos de xogo. Como vai esa lesión?

Pois o certo e que o hombro xa case esta como novo, a día de hoxe so noto algunhas molestias cando se me carga a musculatura da zona, o certo e que foron dous meses largos sen fútbol, e vendo as compañeiras sufrindo no campo, ademais debería destacar a miña compañeira Marta que se enfundou os guantes para ocupar a portería sen ser porteira e que o fixo xenial.

   Dous anos consecutivos ganando o premio Zamora en Segunda Galega e Primeira Galega. Supoño que un orgullo para ti. Que tal eso da recollida de premios?

O dos premios Zamora ó igual que os de máxima goleadora que levou a miña compañeira Rebeca son un recoñecemento individual o traballo dun xogador que non sería posible sen o resto do meu equipo, seguramente se non contase con unha gran defensa como a que tiña e teño esos premios non serían posibles, o xenial de esos premios foi ir acompañados de unha liga, dous ascensos e dúas finais de copa. Recordo con especial cariño o de Zamora de Primeira Galega celebrado en Milladoiro donde se presentou toda a plantilla da SDT Femenino no auditorio de sorpresa.

   E xa falando da actualidade, este fin de semana ides xogar ó campo dun rival directo pola permanencia polo que o vestuario ten que estar supermotivado. Que lle dirías para motivalo máis?

Pois diríalle o que opino, que moita xente xa nos daban por acabadas antes de comezar, somos un equipo humilde, dun concello perdido de Galicia, que se creou da ilusión de un par de nenas que querían xogar igual que o facían os nenos, que temos moita historia detrás, moitas derrotas, moitas victorias, moitas ilusión e algún que outro chasco, pero que somos un equipo que non se vai a rendir, porque nadie nos regalou nunca nada e todo o que conseguimos hasta o día de hoxe foi gracias a nos mismas, e ó que facemos dentro e fora do campo de fútbol, porque igual que lle digo os meus nenos poderemos ganar ou perder pero vamos a dalo todo pero non solo este fin de semana senon todos os que nos queden.

   Pensaches algunha vez en xogar co equipo da túa aldea a nivel Nacional, con equipos de tanto nome?

   O certo e que cando Oscar me chamou para volver a xogar no Tordoia, o proxecto deportivo inicial era intentar subir a Primeira Galega ó equipo, a plantilla era moi boa e moi competitiva, con unha gran parte da plantilla do propio concello de Tordoia o que para min aínda ten máis mérito, o primeiro ano foi moi bo, alcanzando a liga e o ascenso nun gran partido contra o Conxo, o ano seguinte xa subimos un pouco o nivel, foi un ano no que nos planteamos quedar nos seis primeiros postos, ó final de liga conseguimos alcanzar un segundo posto que posteriormente nos daría o ascenso a Nacional, un gran soño a verdade, eu sempre dixen que xogar en Nacional é especial e ilusiónante, pero poder facelo co teu equipo de toda a vida, o da tu aldea eso é increible.

   Que opinas da progresión, ano tras ano, da SDT tanto en equipos Senior, Femenino como da base.

O certo e que a vista están os resultados, en fútbol base ano a ano estamos traballando, e os resultados están ahi, destacar a temporada que están a realizar os benxamíns, no femenino os dous ascensos en dous anos e a permanencia en liga nacional o ano pasado supuxo un gran salto en moi pouco tempo, así como o ascenso do senior A e a permanencia conseguida o ano pasado, estamos a conseguir que tanto os nenos como os afeccionados se enganchen o fútbol en Tordoia e da gusto poder ver as gradas cheas os domingos e os sábados. É un orgullo para a entidade e unha gozada para os xogadores.

   Para rematar deixamos que lle digas ou pidas o que queiras a afición, adestradores, xogadores…

A afición darlle as gracias por todo o apoio que nos deron e nos dan domingo tras domingo, que nunca se renden, e nos defenden con uñas e dentes, e pedirlle que sigan o noso lado durante moitos anos. Ós adestradores pedirlle que sigan traballando para mellorar e que non solo pretendan ensinar cousas os seus xogadores senón que tamén aprendan de eles. E os xogadores que non esquezan que o que facemos no campo e moi importante pero que non solo se queda ahí, senón que somos unha gran familia e eso necesita que o coidemos tamén fora do campo. E que fagan todo o posible por darlle alegrías a esas persoas que gastan parte do seu domingo en ir a Santaia, a Cabaleiros ou a donde faga falta para animarnos.

PREGUNTAS RÁPIDAS:

Cor favorita? Naranja

Sitio para vivir? Santaia

Hobbies? Xogar coas miñas sobriñas

Chico ideal? Que me faga reír

Depor ou Celta? Depor

Lucas Pérez, Cristiano ou Messi? Valerón

Música preferida? Pop

Verbena ou movida? Verbena

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Comida preferida? Churrasco

Xantar ou cea? Xantar

Tordoia ou Madrid? Tordoia

E para a semana? A ver que nos depara a semana que ven con unha nova entrevista, que de seguro será interesante

http://www.sdtordoia.com

Forza J.A. Liñares!!

Aquí deixamos un foto dos nosos rapaces dándolle  o seu apoio a J.A. Liñares, logo de sufrir un lesión a fin de semana pasada. Moito ánimo Liñares e pronto volverás estar de novo con nos. Unbaixa importante, e unha racha de resultados negativos o que tentaremos sobrepoñernos, porque aínda así a unión e bo rollo continúa, e eso será o que nos leve a grandes metas!!!

Resultados Xornada 12/02/17

Resultados dos nosos con 5 victorias e 3 derrotas

Senior A 1-2 Lalín

Vista Alegre 1-2 Senior B

Femenino 0-3 Atl. Matamá

Cadetes 2-1 Cacheiras

Infantiles 1-0 San Lázaro

Alevins 2-1 Bertamiráns D

Benxamins 3-2 Bertamiráns c

Prebenxamins 0-9 O Pino

PARTIDOS XORNADA 12/2/17


SENIOR A

Recibimos  no campo de Santaia a un histórico como é o Lalín, o Domingo as 16:15.

Pedimos o apoio da aficion. O A necesitavos porque agora é cando hai que estar todos xuntos. Estamos na mellor clasificación da nosa historia, e agora que nos veñen as lesións, que todolos equipos ficharon moito ahora en decembro e nos seguimos ca nosa xente, ca xente da casa e cando temos que estar todos unidos e loitar, que vai ser a única maneira de poder sumar puntos nesta liga na que todolos equipos apretan hasta o final, e porque non decilo, nos ca nosa filosofía de coste cero e xente nosa solo queda aplaudir o temporadón quevestamos facendo. Pero temos claro que os xogadores e entrenadores van loitar hasta o final por quedar o máis arriba posible e pola copa. 

Necesitamos facer de Santaia un fortin. 

SENIOR B

Viaxamos a Santiago para enfrentarnos o Vista Alegre no campo de Santa Isabel o Domingo as 18:00. Seguimos facendo frente os equipos grandes e creando ocasións, pero sen sacar nada positivo en canto a puntos

FEMENINO

Recibimos na Rega o Domingo as 18:00 o Atl.Matamá.
O femenino pide o apoio. Agora estamos xa na segunda volta, e cada punto pode ser importantísimo. Estas rapazas xa fixeron historia salvandonos un ano en nacional e vamos a intentalo por segundo ano. Veñen partidos nos que temos que sumar pouco a pouco. Vamos a enchela Rega o domingo.

CADETES

Recibimos na Rega o Cacheiras o Domingo as 11:00

INFANTÍS

Recibimos na Rega o San Lázaro o Sábado as 10:0

ALEVÍNS

Recibimos na Rega o Bertamiráns D o Domingo as 12:30

BENXAMÍNS

Recibimos na Rega o Bertamiráns C o Sábado as 12:00

PREBENXAMÍNS

Recibimos O Pino na Rega o Sábado as 13:00