Entrevista a Susana!!!

  Decir Susana en Tordoia é como decir o pulmón dunha persoa. Unha muller que leva anos dàndolle alento a este Tordoia, traballando con diferentes diretivas e presidentes. Pero, como se che dou por meterte neste mundo?

Eu cheguei o mundo do fútbol da man de meu irmán Álvaro que xogaba aquí. No ano 2001 él empezou no equipo do Vieiro que foi onde comecei a colaborar botando unha man na cantina. Cando pasou para o Tordoia seguín colaborando hasta que no ano 2007 houbo cambio de directiva e eu pasei a formar parte da nova directiva.

  Como foron esos comenzos?

O principio recordo que tiña mais ilusión que coñecementos, estaba un pouco perdida porque era algo totalmente novo para min pero gracias a axuda da xente que estivera antes, especialmente de Majuca, e a colaboración dos xogadores e entrenadores fomos collendolle o fío. A verdade, é que teño moi bos recordos de aquel primeiro ano e da xente que formamos parte del. O segundo ano foi o máis difícil de todos os que levo aquí, sobre todo, por temas que nada teñen que ver co fútbol, pero agora ca perspectiva do tempo creo que o que pasou me axudou a querer loitar máis por este equipo.

   Como dicimos, tocouche traballar con diferentes directivas e presidentes, notaches cambios de unhas a outras?



Lóxicamente cada presidente ten a súa forma de facer as cousas pero os cambios duns a outros foron mínimos. Os tres presidentes cos que traballei, José Antonio Costa, Manolo Juncal e Óscar Golán, seguiron a misma liña de actuación en canto as decisión importantes de fichaxes, gastos, equipos… e simplemente foron engadindo as suas ideas. Ó final todos os que estamos nas directivas temos en común o amor por este clube, asique é fácil entenderse porque todos queremos facer as cousas ben.

   Durante estes anos vivíronse bastantes cambios na maneira de traballar este equipo en xeral. Que nos podes contar destes cambios?



Eu creo que  o cambio máis significativo foi o de nombrar un coordinador deportivo para o fútbol base, non debemos olvidar que os nenos e nenas da base son o futuro deste equipo e debemos intentar darlle o máximo que as nosas posibilidades nos permitan. A raíz desta incorporación tamén se conseguiu que todos os equipos teñan dous adestradores e que teñamos un entrenador de porteiros. Son pequenas cousas que xuntas axudan a darlle máis valor o clube.
En canto as categorías senior os cambios que houbo creo que son derivados da liña que se sigue e a cal me refería antes. No Tordoia temos moi claro que queremos apostar pola xente de aquí ou dos alrededores e que non se lle paga a nadie por vir xogar con nos. Con esta política se fixeron as cousas nos últimos anos e os bos resultados foron o premio tanto no femenino como no A.

Arrepinteste de haberte metido nestos temas?



No, claro que no. Ten os seus sin sabores desde logo, pero as cousas boas acaban superando o resto. Teño moitos recordos inolvidables nos que o Tordoia está presente, e desde logo a historia da miña vida non sería a mesma se non formase parte desto. Ademais sólo pola xente boa que coñecín estando aquí xa vale a pena.

Ti levas o temas das fichas…Que tal se porta a FGF? E agora tamén tes que falar coa RFEF, son atentos?

A verdad é que o trato personal é bo tanto na galega como na española. Ca delegación de Santiago e ca que máis relación teño e sempre axudan en todo o que poden. Nos temas administrativos, hai que decir que a FGF está máis actualizada que a RFEF e as cousas son máis fáciles, porque aínda me costa entender que en pleno siglo XXI a Federación Española siga funcionando a base de fax.

Que opinas da progresión, ano tras ano, da SDT tanto en equipos senior, femenino e da base.



Eu personalmente estou moi contenta coa progresión que está tendo o clube en todas as categorías e que fai que cada día máis xente vaia o campo e se interese no fútbol afeccionado. Na base cada ano intentamos mellorar a organización e esto vaise manifestando nos resultados. Para min eso é moi importante porque como che dixen antes son o futuro desto. En canto a progresión dos equipos senior e femenino pouco máis se pode decir, simplemente que temos un grupo de xogadores e xogadoras que cada ano levan máis lonxe o noso nome e eso solo se consigue a base de implicación, traballo e unión.

Que lle dirias a adestradores, xogadores, aficción, directivos, país/nais?



Os adestrador@s, xogador@s, pais e nais, gracias por confiar neste proxecto e querer formar parte del.
Os compañeiros da directiva GRACIAS en maiscula pola labor que realizades por este clube e por todo o tempo que lle dedicades.
E a aficción pedirlle que sigan tan implicados como hasta agora, porque sin eles nada sería o mesmo.

Preguntas rápidas:

Cor favorita: Negro

Sitio para vivir: Calquera cidade de Canadá

Hobbies: Viaxar, ler, ver pelis

Chico ideal: Pep Guardiola

Depor ou Celta: Depor

Lucas Perez, Cristiano ou Messi: Para min ningún dos 3 e un exemplo a seguir, e creo que perxudican moito a imaxe que os nenos teñen do futbol.

Música Preferida: Pop

Verbena ou movida: Verbena

Salir de marcha ou ler: Salir de marcha, aunque xa non me acorde da ultima vez!! Jeje

Comida preferida: Paella

Xantar ou cea: Xantares que se convirten en ceas

Tordoia ou Depor: Tordoia sempre

E para a semana teremos a entrevista de un home. Un home que desempeñou varios papeis na SDT e a dia de hoxe aínda o segue facendo. Non a perdades!!!

http://www.sdtordoia.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s