ENTREVISTA A CASTI!!


Pois o seguinte en pasar por esta entrevista é Casti, capitán do Senior A. Un home dos que tira polo carro na SDT

   Señor Casti, capitán do Senior A e dos que consegiui crear a unión que hai hoxe en dia na SDT. Que nos podes contar do momento que está a vivir o vestuario? Obxetivo?

Señor Casti! Gracias polo de señor pero penso que é mellor quitalo. Xa un non se sinte moi “joven”.Jeje

Moi boas a tod@s! A categoría na que estamos é unha primeira rexional moi competitiva na que hai grandes equipos e na que os partidos se deciden por pequenos detalles. Xa  sabíamos dende pretemporada o tipo de liga a que nos enfrentábamos.Nesta categoría podemos loitar pola permanencia ou polo ascenso.Canto antes se consiga unha antes se pode obtar pola outra.Logo de facer unha moi boa primeira volta estamos a pasar por unha racha de resultados non moi positivos pero que seguro este fin de semana xa  cambiamos a dinámica.Quedan moitos puntos por disputarse ,estamos entrenando ben e o vestiario está confiado e a pesar da lesión, que este  fin de semana sufriu Liñares de Arcay o que quero mandarlle moitos ánimos dende aquí, vamos a pelear cada punto ata o final por acadar un posto o máis arriba posible na clasificación.

   Viviches este equipo en 3º rexional, 2º rexional e 1º rexional, que nos podes contar destas etapas?

Son etapas moi diferentes.O equipo, as instalacións,a forma de entrenar… cambiaron moito.Teño moi bos recordos e moi bos amigos deses  primeiros anos. Pero xogar nun campo de terra con mikasa e sin apenas ver nada pola mala iluminación non é que o bote de menos. As categorías no fútbol están para algo e cada vez que se ascendía o nivel aumentaba:maior competencia,mais días de entrenos,…non é nada fácil ascender e chegar ata donde chegamos polo que hai que disfrutar do momento e traballar para que isto dure moitos anos mais.

   Últimamente estase a falar das arbitraxes que está a sufrir o Tordoia (Senior A, Femenino,…). En concreto, este fin de semana tocouvos a vos unha arbitraxe “diferente” por decilo así. Que opinas disto?

A arbitraxe deste fin de semana influiu no resultado final.Invéntanse un penalti e non son quen de ver un fora de xogo de 10 metros.As dúas accións acaban en gol. Non queremos que nos regalen nada pero que tampouco nos quiten! De todas formas non vale de nada lamentarse nin darlle máis voltas.Domingo toca gañarlle o C.D Lalín.

   E remontadonos a anos atrás, tamén foches adestrador, e logo coordinador. Que tal cos nenos como adestrador? Non te planteas volver adestrar?

Fai anos que entrenei a un equipo de cadetes.Eran uns chavales estupendos e teño moi bos recordos deles.Sobre todo das ceas que faciamos por que os resultados non acompañaban moito.Jeje.Despois de ver cantos  xogadores dos que entrenei aquel ano seguiron adiante no mundo do fútbol un plantease que igual non vale para entrenar.Verdade Chechu,Rodo,? Polo que non creo que volva os banquillos.

   E como foi de coordinador?

Como coordinador intentouse marcar unhas pautas comúns para todas as categorías do fútbol base: tanto para xogadores,como entrenadores e pais.Foron  ben acollidos por todos e a maioría leváronse a cabo.

   De todos os momentos que viviches ata agora no clube, con cal te quedarías?

O ascenso a 1º rexional foi moi emotivo pola forma na que foi conseguido e polo que supón  para a historia do clube. Aunque o viaxe a Suiza para xogar un amistoso co  Tordoia de Ginebra non se me vai olvidar na vida.Je,je

   Que opinas da progresión ano tras ano da SDT tanto en equipos senior, femenino ou da base?

O fútbol base mellorou considerablemente nas últimas temporadas.Os nenos e nenas están acadando moi bos resultados nas súas ligas.Ter dous entrenadores por categoría e un coordinador axuda no deportivo e no persoal.

O que está a facer o equipo feminino é histórico.Xogar en nacional e competir como o están a facer contra equipos de renome é admirable.

No senior ao igual que noutras categorías  apóstase pola xente de Tordoia ou dos arredores.O vestiario é fundamental para seguir progresando como equipo. A implicación e o esforzo que os meus compañeiros lle poñen a cada entrenamiento son os que axudan a que este equipo siga crecendo.

   Para rematar deixamos que lle digas ou pidas o que queiras a directiva, adestradores, xogadores, afición,…

Simplemente agradecerlles a todos o seu traballo,esforzo,dedicación,apoio…gracias a todos vos a S.D.Torodia é un gran equipo e unha gran familia.

Preguntas rápidas:

Cor favorita? Verde

Sitio para vivir? En Galicia vívese ben

Hobbies? Viaxar,padel,tomar unhas cañas cos amigos.

Chica ideal? A que teño ou Angelina Jolie.

Depor ou Celta? Celta

Lucas Pérez, Cristiano ou Messi? Cristiano

Música preferida? Pop latino

Verbena ou movida? Verbena

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Comida preferida? Gústame a comida italiana:lasaña,raviolis,…tamén o arroz en calquera das súas preparacións.Qué non me gusta?quedar sin comer!

Xantar ou cea? Xantar

Tordoia ou Madrid? Tordoia

E para a semana teremos a unha persoa que adestra un equipo no clube, ademais adestra as órdenes de outros adestradores e defende estas cores como nadie. Quen será? Nunha semaniña saberemolo!!!

http://www.sdtordoia.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s