




Alberto, primeiro adestrador dos Infantís, e o ano pasado dos Prebenxamins. O ano pasado por primeira vez os nosos Prebenxamíns saíron vencedores do torneo na casa. Cómo se vive esto? E os nenos e os país?
Ganar o torneo da casa foi espectacular e inesperado. Durante toda a temporada considero que fomos de menos a máis, aprendendo todos un pouquiño cada día (era a miña primeira experiencia como entrenador) e tras finalizar a liga en posición altas da táboa chegaron os torneos e neles como que se viñeron arriba e deron un pouquiño máis, conseguindo o pase a segunda ronda no torneo do Deportivo, 3º puesto no torneo de Ordes, ..e a victoria no torneo da casa. Recordo o momento no cual, tras chegar a final, decidimos mantes una charla cos xogadores minutos antes do partido decisivo, para por un lado animalos e felicitalos polo conseguido pero tamén para decirlles que se non se ganaba tampouco nos podíamos sentir mal, pois xa era moi bonito o conseguido. Por mñerito de todos, asumindo o seu rol, conseguimos chegar a final e ganala, e quédome co momento en que o árbitro sinalou o final do partido (uff ainda me emociono) e os xogadores o primeiro que fixeron foi vir abrazarse a min. IMPRESIONANTE, non hai mellor maneira de que che demostren o traballo ben feito. os país de 10, sempre apoiándonos e armaron una boa festa de celebración, non se sabía quen estaban máis contentos, se os xogadores ou os país.
No teu segundo ano decidiches pasar a fútbol 11 cos infantís. Qué cambios notaches respeto do ano pasado?
Sí, aínda que me encantan os rapaces, a miña idea é seguir progresando ata poder dirigir un equipo senior, no fútbol 11 sempre podes traballar máis aspectos tácticos, 000 outras cousiñas que en xogadores máis novos non podes, é diferente. Desde logo o cambio é enorme, con xogadores de 5-6 anos digas o que digas vanche facer caso, eres o seu referente, con xogadores de xa 11-12 anos xa tes que convencelos, decirlle as cousas, o que pretendes é intentar convencelos, que crean no que ti lles dis para que capten a mesma idea que ti tes na cabeza, a acepten e a leven a cabo. Ademais, con 11 anos xa son os inicios para convertirse en adultos, xa pensan máis nas mozas/os, nas súas cousiñas… son edades difíciles e hai que ir calibrando para que non desconecten do equipo e básicamente para que non rematen deixando o deporte que lles gusta.
Un home que chegaches a esta familia fai dous anos e dende aquela involucraches coma o que máis facendo diversas facetas. Cómo quixeches formar parte disto?
todo empezou no curso de monitor de fútbol cursado en Paiosaco, alí fixen boas migas con Sánchez, e bueno él foi quen me chamou para decirme que no Tordoia precisaban un entrenador e non o dudei. Fixen o curso de monitor e agora estou cursando o UEFA B porque me gusta entrenar, e estábanme a dar a oportunidade e non a podía rexeitar. E sí, levo dous anos atope, o ano pasado combinado os entrenos do prebenxamin do Tordoia co do benxamin do Paiosaco ( club no que me formei eu como xogador e donde me pediron se podía dar una man). Este ano, empezamod con infantiles, volvín a desenfundar as botas para competir no «B» e tamén propuxen facer un entreno aparte cos porteiros, porque me gusta, gústame moito o fútbol, practicar fútbol, por eso todo o tempo que me deixan na casa dedicoo a este deporte.
Javi, segundo adestrador con Alberto nos dous anos que él leva. Cómo surgiu o de adestrar?
Pois foi nun adestramento nos prebenxamins. Eu fun levar a meu irmán e falando con Oscar comentoume que Alberto necesitaba alguén para axudarlle e eu sempre tiven a ilusión de poder adestrar algún equipo e ala fun.
Qué diferencias hai entre vivir os partidos como adestrador ou xogador? Cal che gusta máis?
Son cousas totalmente distintas a verda. Cando estas dentro dos terreos de xogo ves as cousas dunha maneira e cando estas no banquillo velas doutra completamente diferente. Como adestrador tes que tomar decisións moi difíciles que fas polo ben do equipo, decisións que crees que poden axudar a mellorar e que as veces non son ben recibidas por todos. Gústame máis xogar xa que sempre intentas dar o máximo dentro do campo e podes axudar máis o equipo ca desde fora.
Que tal se portan os pais/nais nos entrenos, partidos, ….?
A: Gracias a dios, temos uns país exemplares e non vemos escenas como as vividas en Mallorca, e moitos campos de fútbol de peleas entre país, xogadores… comigo persoalmente , sempre moi ben, sintome afortunado, o ano pasado a final de temporada tiveron uns detalles moi bonitos e este ano igual… Partimos da base de que todos queremos o mellor para os xogadores, evidentemente, hai momentos nos que non estarán dacordo coas decisións que Javi e eu tomamos, seguramente por descoñecemento da causa, pero sí e certo que, ainda que non estén dacordo terminan aceptandoo e ata o momento non tivemos ningún problema.
J: Pois a verdade é que son uns pais incribles e fantásticos. Sempre respectaron as nosas decisións aínda que as veces nos equivocaramos, apoiáronnos sempre a pesar de non acompañarnos os resultados aínda que o máis importante a estas idades e que os rapaces o pasen ben e disfruten dentro do campo. Aproveito para darlle as grazas por axudarnos en todo o que poden.
Qué opinades da actual tempada dos Infantís?
A: Como xa dixen antes, é un ano difícil, todos nos estamos adaptando a categoría, exigencias, … tivemos unha primeira parte da temporada para experimentar con xogadores, posicions, sistemas, … e nesta segunda volta seguimos formando as bases para o ano que ven. Eu estou contento cos resultados, tivemos algúns momentos críticos pero conseguimos superalos. Creo que temos unha boa base para seguir traballando para o próximo ano. Deste ano co que me quedo, é que conseguimos encontrarlle “o sitio” a xogadores que non estaban aportando todo o que ahora nunha nova posición están a dar. O potencial aumento notablemente. Volvemos o de antes, edad na que os tes que convencer, todos queren ser delanteros, pero algún descubríu que xogando de defensa aporta moito máis por ejemplo.
J: A verdad é que está a ser unha tempada bastante complicada. Nos rapaces notase moito o cambio de fútbol 8 a fútbol 11, de xogar 50 minutos a xogar 80 e cústalles adaptarse. Penso que aínda que os resultados non acompañaron ao largo de toda a tempada os nenos aprenderon moito e eu con eles tamén. Son uns nenos marabillosos que por moi mal que che vaia o día son capaces de quitarche unha sonrisa e é para min un orgullo poder adestralos.
Ambos xogadores do Senior B tamén. Qué opinades da mala tempada que está a saír?
A: O Tordoia B é certo que non está a conseguir os resultados esperados, sempre nos pasa algo e terminamos cedendo puntos, fixemos grandes partidos incluso contra equipos da parte alta da táboa, pero o final derrota. É certo que o equipo estivo mermado desde inicio por numerosas lesións, pola semana a maioría estudia fora e non pode entrenar, … é difícil, é difícil cando en toda a semana solo podes ter 1 entrenamento con todo o grupo e ás veces nin eso, e claro en 1 hora non se poden facer milagros. Considero que con estes motivos, bastante se consigue, imaginade que chegamos a entrenar todo o grupo 3 días a semana, BARREMOLOS, porque calidad non falta.
J: Penso que as cousas non se están a facer tan mal como para estar onde estamos na clasificación. As veces faltounos esa pizca de sorte que fai falta no fútbol e outras secadra faltounos ambición e ganas de ir a polo partido.
Qué opinades da progresión ano tras ano das categorías Senior, femenino e base?
A: Eu descoñezo como era o club 2 anos atrás, considero que se está a facer un bo traballo e cada ano dispoñemos de máis recursos para poder traballar.
J: Fai uns anos nin existía o senior B e agora temos un A competindo en primeira con calquer equipo e un B en terceira que intenta mellorar ano tras ano e do que van saíndo grandes xogadores para o A como son Brais, Gabino, Diego…. En canto ao feminino mellorou a pasos axigantados e fixo cousas impensables para moitos de nos. É un orgullo que pasearan o nome de TORDOIA por todo o norte de España. Nas categorías base estase a traballar moi ben e a vista están os resultados cando a maioría dos equipos de fútbol base están aí arriba e sobretodo destacar a gran tempada dos benxamíns.
Decídelle o que queirades á Directiva, xogadores, adestradores, país/nais, afición…?
A: A directiva, adestradores, aficción, país e náis agradecerlle o trato recibido, pois sentinme moi cómodo dende o primeiro día. Sinto que os membros da actual directiva non queiran continuar con este proyecto (inda tedes tempo a pensalo).
J: A afición que grazas por apoiarnos domingo tras domingo que espero que nunca nos fallen xa que son o máis importante deste club. A directiva que oxalá seguisen moitos anos máis xa que están a facer un traballo incrible e sen eles non sería posible nada disto. Por último aos país e nais dicirlle que confíen no traballo que se esta a facer no Tordoia e que esto non e solo un equipo senón que é unha gran familia.
PREGUNTAS RÁPIDAS:
Cor favorita?
A: verde
J: Azul
Sitio para vivir?
A: Asturias
J: Bedrobe
Hobbies?
A: fútbol
J: Fútbol
Chic@ ideal?
A: A que teño (se digo o contrario mátame)
J: A que sexa capaz de aguantarme
Dépor ou Celta?
A: Dépor
J: DEPOR SEMPRE
Xogador a seguir?
A: O meu referente sempre foi Donato
J: Valerón
Música preferida?
A: Latina
J: Pop
Verbena ou movida?
A: Verbena
J: Verbena
Saír de marcha ou leer?
A: Lamentablemente non me tira nin unha nin a outra
J: Saír de marcha
Comida preferida?
A: Fillazo, freixó, filloa gorda, torta, … non sei como lle chamades en Tordoia
J: Pizza
Xantar ou cea?
A: Cea
J: Xantar
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...