ENTREVISTA A ALBERTO GOLÁN


Alberto Golán, máis coñecido como Mouriño. Porqué o de Mouriño?

   Eso de Mouriño ven polo meu primeiro ano que adestraba os rapaces. Nos partidos importantes xogabamos a contra porque era como xogaba Mouriño, e porque o meu ídolo é él.

Foi una entrevista pedida nas redes sociais e apoiada con bastantes “me gusta”. Cómo levas esto de que a aclamen tanto?jejeje

   Eso ven porque J.A. Liñares ten moito tempo libre e a xente caeulle en gracia e metéronme nesta historia. E desde aquí pido que se lle faga unha entrevista a él en breve tamén. jojojo

Durante anos foches adestrador de fútbol base, e agora, tes dedicación plena como segundo adestrador do femenino en Nacional. Qué tal se leva o de adestrar en Nacional e ó equipo da casa? ¿ Como surgiu  a opción de adestralo?

   Lévase ben, é unha experiencia moi bonita na que vas por todo Galicia e norte de España e te enfrentas a equipos de alto nivel e con un nome importante no fútbol español. Fai dous anos o primeiro adestrador, Victor Brea, necesitaba a alguén para botar unha man cos adestramentos, púxose en contacto conmigo para valorar a posibilidade de que fora eu, e despois de propoñerllo a directiva aceptei o cargo. Nun principio tiña dudas polo tema de que conocía a bastantes xogadoras do equipo, e logo de falalo coa directiva e capitanas do Femenino, decidín afrontar esta etapa.  Unha etapa moi bonita por certo.

O ano pasado xa adestrabas o equipo femenino compaxinándoo  coa base, conseguiuse a permanencia nas últimas xornadas. Quizás con más sufrimento do esperado?

  Desde un principio sabíamos que iba ser dificil despois de que desaparecera un equipo desa liga. Sabendo que so baixaban dous, viamolo máis factible e con ilusión, traballo e esforzo conseguimos o obxectivo na última xornada, na que dependiamos de nós.

Este ano tocou una liga con moito máis nivel onde se cotiza caro calquera posto. Qué opinas da liga da actual tempada?

   É unha liga superdificil, onde hai equipos con moito nome (Oviedo, Deportivo, Xixón,…) con xogadoras internacionais que van convocadas cos seus países que xogan mundiais, europeos,… Para nos é un mérito estar ahí, con un equipo pequeno, con xente grande e da casa e competir a tan alto nivel.

E como dicíamos anteriormente, nos últimos anos adestrabas as categorías base. Cáles son as diferenzas más grandes que notaches do cambio?

   Cos rapaces comezas a enseñarlle cousas básicas do fútbol (pase, control, como saír xogando co balón,….), que o resultado non importa (o importante é que aprendan e desfruten deste deporte) e ter educación e respeto dentro do campo, tanto ós compañeiros coma o rival. E en categorías de modestos, traballas cousas máis específicas nas que tes que exigir moito máis para sacar bos resultados que é o importante.

Se tes que escoller o día de mañá entre adestrar modestos (femenino ou masculino) ou categorías base. Cal escollerías e porqué?

   Pois é unha pregunta moi complicada porque nos rapaces ves o traballo dia a dia de como melloran e teñen detalles que sempre che sacan unha sonrisa aínda que esteas de mal humor, e nos modestos podes traballar cousas máis concretas que cos rapaces sería complicado dado que é unha etapa de aprendizaxe.

Que opinas da progresión ano tras ano dos equipos senior, femenino e da base?

   Do senior A creo que mellor non se pode facer, porque nos últimos cinco anos conseguíronse dous ascensos e grandes victorias, e agora estase loitando ahí arriba con equipos grandes. Do B que cada vez estase conseguindo mellorar o filial con xente nova para poder subilos o primeiro equipo. Do Femenino que ten moito mérito conseguir chegar a liga Nacional con dous ascensos e tres finais de copa nos últimos anos. E na base creo que se esta facendo un bo traballo gracias o coordinador e a ter adestradores da casa, vendose así reflexado nos resultados e clasificacións acadadas.

Para rematar, dille o que queiras á directiva, xogadores, aficción…

   A directiva está facendo un moi bo traballo que ano a ano está mellorando e que espero que siga mellorando uns cuantos aniños máis, asique xa sabedes, tedes que continuar para seguir facendo o Tordoia cada vez máis grande. Ás xogadoras non se lle pode pedir máis que con traballo e esforzo van seguir levando o Tordoia áinda máis alto. E a afición o único que se lle pode pedir é que siga apoiando, aínda que non estea o gusto de todos, que gracias a eles o Tordoia seguirá subindo.

PREGUNTAS RÁPIDAS

Cor favorita? Blanco

Sitio para vivir? Suíza

Hobbies? Ver fútbol, xogar as cartas e pádel

Chica ideal? Sincera

Depor ou Celta? Madrid

Lucas Pérez, Cristiano ou Messi? Manu Barreiro

Música preferida? Pop

Verbena ou movida? Verbena

Saír de marcha ou leer? Saír

Comida preferida? Cigalas a prancha e fondue de queixo

Xantar ou cea? Xantar

Tordoia ou Madrid? Os dous

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s