ENTREVISTA A DIEGO E BRAIS


 Diego, primeiro adestrador dos Benxamíns. Xa levas uns anicos adestrando nenos. Como surgiu o de meterse a adestar? Está a ser unha experiencia positiva?
Pois surgiu un día falando con Javier Otero, él era o entrenador dos infantiles e faloume da posibilidade de axudarlle para a seguinte temporada e non o dudei. Está a ser una experiencia moi positiva a verdade.
 
   O ano pasado foi un bo ano, xa que os rapaces aprenderon e traballaron ben, e incluso chegaron a disputar unha fase de ascenso. Como o viviron os nenos? E os pais?
A verdade é que os nenos fixeron una moito boa temporada, sempre con ganas de entrenar e aprender. Os nenos viviron a fase de ascenso como una recompensa  ao traballo ben feito durante a temporada. En canto aos país, pois estaban más ilusionados eles que os nenos. con eso xa cho digo todo.
   Brais, segundo adestrador dos Benxamíns. Amigo, dentro e fora do campo, de Diego e agora axudándolle a adestar. Como surgiu o de botarlle unha man nisto? Que tal a experiencia?
Como ben dis, somos moi amigos fora do campo, entón cando souben que él seguía entrenando e que necesitaba una man propuxen axudarlle. Respecto a experiencia nestes casi dous anos que levamos entrenando xuntos, eu calificaría de excepcional. Os nenos e nenas que adestramos son mos bos e temen moitas ganas de aprender e pasalo ben. En canto a resultados, non nos podemos quiexar, ambos os anos neste aspecto todo vai moi ben, aínda que é o que menos importa, queremos que os nenos aprenden e o pasen ben, nestas categorías o resultado non son máis que números.
   Aparte de traballar cos nenos na SDT, tamén o fas como profesor en prácticas. Que diferencias atopas con respeto de ser profe ou adestrador?
jajajaja boa pregunta. Son moi diferente nos dous ámbitos, como profe tácame ser un pouquiño máis serio e esixente (aínda que sigo sendo bastante paiaso), no campo de fútbol son un pouco máis paiaso, xogo e riome cos nenos, falamos das nosas cousas e metémosnos uns cos outros (neste caso menos mal que teño a Diego, senón eu póñome a xogar e a facer o “indio” con eles), está calsro que tamén me poño serio e me enfado, pero logo se me pasa porque pronto te fan rir cunha broma das súas. Encántame os dous mundos e gústame estar rodeado de nenos/as, aprenderlle cousas e aprender con eles, por iso, estes dous mundos ocupan parte do meu tempo.
    Como vedes a actual tempada nos Benxamíns?
D: Esta temporada a verdade é que está a ser moi boa xa que imos segundos, pero non sólo cos resultados, senon que os nenos desde que empezamos hasta o de ahora, pois melloramon moito, entrenan moi ben e os resultados ao final son o de menos nestas categorías.  Tamén quería agradecerlle aos país que nos axudan en todo o que poden.
B: Nesta categoría o importante sempre é que desfruten deste deporte e aprendan cada dia unha cousa nova. Pero se o fan ganando e estando arriba pois maior satisfación para todos. E este ano todo esto estase cumplindo polo que esperemos seguir nesta liña e despois o tempo dirá.
   Ambos os dous tamén xogades na SDT, tendo ficha B e alternando co A. Como se leva o de alternar ambos equipos?
D:  Levase moi ben, hai moi bo ambiente tanto no A como no B, e así é moito máis fácil.
B: Para min ñe una motivación compaxinar ambos equipos. Entrenar e xogar co A, co plantillón que hai, é un gran privilexio e ademáis hai un grupo moi unido e que o paso moi ben cada vez que estou con eles. En canto ao B, que dicir, xogar cos amigos de toda a vida e aínda por encima que todos nos levemos ben e haxa moi bo rollo é una gran suerte, e ademáis no equipo do noso concello.
   Como vedes tanto o A como B?
D: Pois do A creo que se están a facer as cousas moi ben, xa que se está a competir nunha liga moi complicada e ademáis con xente dos arredores, que eso fala moi ben do equipo. E no B penso que nos están a saír os resultados esperado, pero ano tras ano estase a mellorar o equipo e con xente nova por se calquera día fai falta xente para o primeiro equipo.
B: O Tordoia A vexoo como un equipo moi competitivo, non hai máis que velos entrenar e sabes que se morde en todos os entrenamentos e que se compite a un moi alto nivel. Estamos a xogar nunha das primeiras más competitivas dos últimos anos e estase a competir. Se me teño que quedar con algo deste equipo é ca gran piña que fan todos cuntos, no meu caso son o máis novo do equipo e en todo o que poden axúdanme. En canto ao B, una pena que os resultados non acompañen, somos un grupo de rapaces novos que podemos facer algo máis pero entre estudos e traballos e difícil compaxinar todo. aínda así, somos un grupo no que da gusto estar, e no cal somos todos amigos dende xa fai, cousa que se nota no bo rollo do vestiario, espero que no día de mañán os resultados acompañen e poidamos ter un B máis competitivo.
   Que opinades da progresión, ano tras ano, das categorías senior, femenino ou base?
D: Pois dos equipos senior o que dixen anteriormente, que se está a traballar ben. O que está a facer o equipo femenino é histórico, pensó que nadie pensaba que podían chegar a donde chegaron e levar o nome de Tordoia por fora de Galicia. En canto ao fútbol base, pois pensó que se están a facer as cousas moi ben, con dous adestradores por categoría, que eso é moi importante, e ademáis é o futuro do Tordoia.
B: Está claro que moitas cousas se están a facer ben nesta entidade, con un primeiro equipo en 1ª Rexional, co senior B competindo en 3ª Rexional eo equipo femenino en 2ª división Nacional (feito que creo que é  moi destacable, medirse ao Dépor, Sporting, etc…. e levar o nome de Tordoia por todo o Norte de España é algo moi grande para un equipo como o noso) e unas categorías base cada día en mellores situación. Non fai moito, non existía o senior B, o A estaba en 2ª Rexional eo Femenino aínda estaba a dar os primeiros pasos, a progresión en 5 anos e totalmente impresionante.
 
   Para rematar decídelle ou pedídelle algo a diretiva, xogadores, afición,….
D: Pois a directiva sólo se lle pode pedir que siga así moitos anos que o están a facer moi ben. Os Xogadores que se sigan esforzando como o fixeron sempre para seguir mellorando e a afición non se lle pode pedir máis.
B: Aos xogadores que sigan confiando neste clube, os que teñan nenos e nenas e lle guste o deporte teñen no Tordoia una boa oportunidade para iniciarse nun deporte. A afición que siga animando e seguindo a todos os equipos e a directiva que siga co seu gran traballo levado a cabo ata ahora e creo que con sentimento da mayoría que continúen moitos anos máis.

 

PREGUNTAS RÁPIDAS

Cor favorita?

D: Azul

B: Azul

Sitio para vivir?

D: Samede non está mal!!

B: Son moi da miña terra, A Balsa

Hobbies?

D: Pádel

B: Pádel

Chica ideal?

D: Sincera e divertida

B: Non ser, supoño que sea graciosa e sincera.

Dépor ou Celta?

D: Dépor

B: Deportivo, por suposto

Xogador a seguir?

D: Luka Modric

B: Xavi Hernández

Música preferida?

D: Pop

B: Pop

Verbena ou movida?

D: Verbena

B: Todo o que sea festa benvido sexa, quédome con ambas.

Saír de marcha ou leer?

D: Saír de marcha

B: Saír de marcha

Comida preferida?

D: Churrasco

B: Fundú de carne

Xantar ou cea?

D: Xantar

B: Un bo xantar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s