ENTREVISTA A LAMAS



Jesús Manuel Rosende Lamas, un home que sempre defendeu as cores amarelas e negras. Qué resumo nos podes facer despois dunha vida adicada a SdT?

Moi boas e moitas gracias por acordarvos de min. ¿ Un resumo? Difícil, é certo que sempre xoguei aquí, sempre tiven ilusión de facer algo bonito con este equipo e podo decir que o vivido nestes anos superou con creces as miñas expectativas e metas.

Agora mesmo non compites futbolísticamente pero aínda segues sendo “o capi” do Senior A. Qué tal se leva un vestiario así?

Bueno o de “capi” é certo que me quedou, collín a capitanía moi novo e foron bastantes anos levando o brazalete, tanto en xuvenís como no senior, pero o verdadeiro e gran capitán a día de hoxe é Alberto. Eu, xunto con él, Josi, Liñares, Santi e Zalo trato de axudar, animar e manter unido un grupo que xa de por sí é espectacular, tanto futbolísticamente como persoalmente.

Viviches o Tordoia en 3º, 2º e 1º Rexional. Con qué momento te quedarías de cada unha delas?

Escoller unha etapa como a  mellor é moi inxusto, disfrutei xogando en 3º moitísimo, xogando en campos de terra, sen auga quente para ducharnos, vivín ascensos espectaculares a 2º e a 1º, pero sobretodo compartín grandes experiencias e coñecín moitas persoas as que considero amigos e forman parte xa da miña vida.

Se teño que escoller, quédome co momento no que volvín xogar despois da primeira lesión, sempre fun ambicioso, pero naquel entonces dábame igual a categoría, a sensación de estar xogando e competindo de novo con esta camiseta e cos meus compañeiros foi moi bonita.

Logo de estar no máis alto e ir baixando, Cómo se atopa o vestiario? Qué lle dirías para apoialos?

O vestiario atópase fastidiado xa que nas últimas xornadas os resultados nn están a reflexar o xogo desplegado nos terreos de xogo. Que non sean impacientes e se manteñas unidos, que sigan traballando como fan e co apoio da afición os resultados van chegar.

Indo anos atrás, tamén fixeches de adestrador do Senior B, dado que ti tiveras unha lesión de rodillae botaches unha man desde o banquillo. Qué tal a experiencia?

Ofrecéronme a oportunidad e acepteina encantado, a parte de botar unha man, mantíñame unido ço club. O certo é que a cousa foi regular..eran tempos de Guardiola e tiki-taka e eso fíxome moito daño pero quédanme grandes recordos e bonitas experiencias daquela época.

E falando de lesións, non te respetaron moito. Qué consello lle darías a xente que agora está a sufrilas tamén?

Desde fai uns anos para aquí estánse a producir moitas lesions de gravidade, cando che gusta o fútbol no momento en que pasas por unha lesión pensas que xa non vas poder volver a xogar ou desexas volver a facelo o antes posible. Despos de pasar por esta situación os que se atopen nesta situación, sólo animalos e que aínda que as ganas de volver a xogar son moitas, teñen que ter moita paciencia  e recuperarse ben. Aproveito para mandarlle ánimos a xente como J.A. Liñares, Adrián e Leti.

O apartarte dos terreos de xogo foi un adeus ou un ata pronto?

Gustaríame decir que é un ata pronto, pero despois de operar as dúas rodillas e xa son 34 anos, creo que pode decir que físicamente é un adeus. Mentalmente xa é outra cousa, cóstame convencerme a min mesmo de que xa non vou xogar máis. Non lle podo pedir máis ó fútbol, agora tócale a outros ser os protagonistar no campo. Eu dentro do que poida, botarei sempre que mo pidan, unha man pero agora tócame estar do lado dos afecionados.

Qué opinas da progresión ano tras ano das categoías senior, femenino e base?

A progresión do equipo en tódolos ámbitos é increíble, e non se trata de estar en categorías más altas, o cambio a nivel organizativo é totalmente distinto, cando levas tantos anos e recordas como era cando empezaba, esto non ten nada que ver. O esforzo que se está a facer por parte da directiva é exemplar e só nos daremos conta cando xa non estén.

Qué lle dirias a directiva, xogadores, adestradores, afición..?

Ós xogadores, a todos,  que disfruten do fútbol e do grupo no que están, que sexan ambiciosos sempre pero que sepan que o importante é o grupo e manterse unidos. Que o esforzo que está a facer este clube é inmenso, non se lle pode pagar a ningún xogador pero se tomaron e decidiron comprometerse co equipo, teñen que saber que teñen que cumplir adestrando e xogando.

Ós entrenadores, que é moi meritosa a súa labor, son os que transmiten valaores ós máis cativos e experiencia e ambición ós máis grandes.

Á directiva decirlle que é o pilar fundamental deste equipo, os artífices de que teñamos un gran club, que busquen apoios e ctinúen con esta gran labor.

A afición vai a par dos resultados sempre, é moi bonito ver os campos cheos como se ven agora, pero hai que valorar os resultados e apoiar sempre os xogadores, ganen ou perdan, categoría máis alta ou máis baixa, son todos vecinos nosos e están dando todo por este quipo e loitando contra grandes clubes.

PREGUNTAS RÁPIDAS

Cor favorita? Azul

Sitio para vivir? Tordoia (bótase moito de menos..)

Hobbies? O meu único actual é Antía

Chic@ ideal? A que teño na casa

Dépor ou Celta? Dépor

Xogador a seguir? J.A. Liñares

Música preferida? En xeral gústanme todos os estilos, depende do momento

Verbena ou movida? Movida

Saír de marcha ou leer? Saír de marcha

Comida preferida? Tortilla

Xantar ou cea? Como ben dixo Susana no seu día “xantares que se converten en cea”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s