Antes ou despois tiña que ser. Tras varios anos sen case renovar a directiva do clube este ano parece que se avecinan cambios. O pasado 24/02/17 celebrouse unha xunta de socios na cal se tratou un tema bastante delicado, a dimisión da actual directiva. Todos nos con Oscar Golán o frente presentamos a nosa dimisión, por temas meramente persoais e falta de tempo para adicarlle a este clube como merece. A maioría levamos moitos anos o frente e necesitamos un descanso. Que haxa unha dimisión non quere decir que marchemos e ahi se queda todo. Quere decir que deixamos as portas abertas a nova xente para poñerse o frente con novas ideas e que siga levando a SDT o máis alto, onde merece estar. E presentamos a dimisión tan cedo porque queremos que a nova directiva dispoña do tempo necesario para formar e organizar todo de cara a nova tempada, porque esto segue funcionando. Enton o 21/04/17 volveremos a ter unha nova xunta na cal se presentarán as novas candidaturas e sairá a nova directiva que se porà a traballar de cara a tempada 17/18