Partidos Xornada 30/04/17


SENIOR A

Partido ante o Dumbría no seu campo as 17:30 o domingo. Imos o campo do líder para tentar puntuar e non esperar a última xornada. Un partido o que chegamos con baixas, e no que eles se gana ascenden a preferente.

Haberà bus ata límite de prazas con saída as 15:15 do Dolmen

SENIOR B

Partido na Rega ante o Bodegon Arzúa o sabado as 17:00.

FEMENINO

Partido nos postos baixos a táboa. Imos o campo do Atl. Arousana o domingo as 12;00 para tentar sumar tres puntos e despedirnos asi con unha victoria de Nacional.

Haberà bus con saída do Calviño as 09:00

CADETES

Seguinte partido da liguilla da copa do Sar. Despois de facer un bo partido e ganarlle o Bertamiráns recibimos o Milladoiro B na Rega o domingo as 11:00. Vamos rapaces!!!

ENTREVISTA A ROGELIO E AMADOR


Rogelio, primeiro adestrador dos cadetes. Cómo surgiu o de meterte a adestrar os nenos?

Sempre me gustou, a S.D. Sofán estaba empezando co fútbol base e déronme a oportunidade de adestrar a un equipo, foi onde empezou todo.

Este ano foi un ano complicado, xa que se empezou con moi poucos rapaces. Situación que se afrontou levando infantís. Cómo levou o vestiario esta situación? E os infantís, adaptábanse ben o de ter que xogar os dous días?

Ó principio afrontámolo bastante mal, xa que non sabíamos se se iba facer o equipo ou non…hasta que se acordou que iban vir os infantís con nós. Os infantís ó principio encontrábanse un pouquiño nerviosos, pero adaptáronse ben, creo que todos puxemos da nosa parte. Aprobeitar para darlle as grazas a todos os rapaces e pais que fixeron posible todo este ano, especialmente ós infantiles que viñeron con nós toda a tempada.

A pesar de todo isto non se fixo unha mala tempada. Cómo farías un resumo da tempada?

Estou moi contento coa tempada que fixemos, témonos que dar conta que tuvenos partidos nos que xogaron só cinco cadetes entre lesións e castigos. Ó principio os martes adestrábamos catrou ou cinco cadetes e o venres seríamos oito, isto cambiou cando falamos co coordinador, con Alberto e Javi (os entrenadores dos infantiles), para poder poñer o adestramento con eles, despois xa parecíamos un equipo de verdade, por iso quero darlle as grazas os tres, ó coordinador, Aberto e Javi.

Amador, segundo adestrador. Durante anos facendo de primeiro, segundo e ata levando varios equipos. Cómo se leva esta multifunción?

Vaise levando, bueno eu traballo polo noso club e estou contento de poder facelo ata ahora xa que é un placer axudar aos nenos e poder adestralos.

Este ano cos cadetes nun ano complicado. Qué resumo farías da tempada?

Eu creo que foi unha moi boa tempada a pesar da falta de nenos e por encima todas as baixas que tivemos, que foron moitas e, esta tempada foi posible grazas á axuda dos infantiles polo que estamos moi agradecidos.

E por se fose pouco facer de adestrador, tamén levas anos na directiva. Dase compaxinado todo coa vida personal?

A verdade é que compaxinar todo esto coa vida persoal é complicado, pero a suerte que teño é que  miña familia axúdame en todo.

Referente á directiva, o pasado venres presentastes a dimisión oficial. Qué poderías decirnos dos anos de directiva con diferentes presidentes?

 Que foi moi bonito traballar para este club con calquera dos dous presidentes cos que levo cooperado.

Qué lle  dirías á xente para qu se anime a poñerse ó frente?

 Eu animaríavos a formar parte deste club, porque máis que un club somos unha gran familia.

Qué opinades da progresión ano tras ano, do senior, feminino e base?

R: Do senior e do femenino non podo opinar moito porque non os seguín moito pero débense estar facendo ben as cousas para ter tantos ascensos seguidos e do fútbol base moi orgulloso polo ascenso tanto dos benxamíns como dos alevíns e dos demáis a seguir intentando todo, para poder superarnos sempre.

A: A verdade é que estou contento coa progresión que sufriron todas as categorías.

Decídelle o que queirades a directiva, adestradores, afición, …

R: Que rememos todos no mesmo sentido e que a Sociedade Deportiva Tordoia non é só un clube, é unha familia, con todas as súas alegrías e as súas penas.

A: Con relación a directiva, paréceme que se fixo un moi bo traballo. Eu animaría aos adestradores a seguir enseñando aos nosos nenos e a afición agradézolle todo o apoyo xa que é a mellor.

PREGUNTAS RÁPIDAS

Cor favorita?

R: Vermello

A: amarelo e negro

Sitio para vivir?

R: Galicia

A: Tordoia

Hobbies?

R: Adestrar

A: Fútbol e bicicleta

Chic@ ideal?

R: Amiña reina

A: Que sea boa xente

Xogador a seguir?

R: Carbajal

A: Toni Kross

Deportivo ou Celta?

R: Ningún dos dous

A: Celta

Música preferida?

R: Pop

A: Pop

Verbena ou movida?

R: As dúas

A: Verbena

Saír de marcha ou leer?

R: Un pouco de todo

A: Saír de marcha

Comida preferida?

R: Calquer tipo de pasta

A: Un bo cocido

Xantar ou cea?

R: As dúas

A: Os xantares que acaben en cea

Partidos Xornada 23/04/17

SENIOR A

Derbi cos veciños de Sigüeiro as 16:00 no campo de Santaia. Un bo partido para encher o campo e quedarnos cos tres puntos para certificar a permanencia.

SENIOR B

Partido en Milladoiro ante o Viduido as 17:00.

FEMENINO

Partido na Rega para o que será a despedida das nosas de Nacional. Por eso queremos encher a Rega para darlle a ovación que merecen por todo o que conseguiron. Un encontro no que recibimos a un grande, o Deportivo da Coruña, as 18:00

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA!!!

Este Venres as 21:00 na casa de Cultura, terá luga a Asamblea Extraordinaria convocada polo clube para facer efectiva a súa dimisión e presentar as novas candidaturas para facer a nova directiva. É moi importante a asistencia de todas as persoas que formamos o clube e nos importa esta entidade, porque de todos depende o futuro deste equipo, que ten que seguir unido e medrando cada dia máis!!!

Resultados Xornada 09/04/17

Partidos dos nosos con 2 derrotas e 1 empate
Piloño 5-0 Senior A

Burgo das Nacións 3-3 Cadetes

Bertamiráns B 3-0 Alevíns

O partido do noso Senior B de hoxe pasa a xogarse o Xoves as 12:00

Partidos Xornada 09/04/17


SENIOR A

Viaxamos a Lalín para enfrentarnos o Piloño as 17:00. Despois de un bo partido ante o último clasificado queremos seguir coa racha para asegurar a permanencia canto antes

SENIOR B

Recibimos o domingo na Rega o Belvís B. Duelo de filiais para seguir acumulando bos partidos.

CADETES

Os nosos cadetes despránzanse o campo do Conxo para enfrentarse o Burgo das Nacións o domingo as 12:15

ALEVÍNS

Os nosos alevíns desprázanse para enfrentarse o Bertamiràns B o domingo as 10:00 no seu campo

Resultados Xornada 02/04/17

Resultados dos nosos con 3 victorias, 1 empate e 2 derrotas
Senior A 4-0 Villestro

Burgo 2-2 Senior B

Ave Fénix 11-1 Femenino

Infantiles 5-1 Burgo

Alevins 2-5 Bertamiráns C

Calo 2-10 Benxamíns