TORNEO FÚTBOL BASE SDT


Aquí vos presentamos o cartel do torneo das categorías base da SDT. Presentación do cartel levada a cabo polo noso coordinador Juan. Asique o dia 10 de Xuño o campo da Rega encherase de pequenas promesas do fútbol dos arredores. Pásate a velos e vivir un dia grande do fútbol. O máis importante sempre é o futuro, e o noso futuro son os nosos peques!!!

ES DE PRIMERA, TORDOIA ES DE PRIMERA!!!!

​​​


Pois si, o Tordoia volverà partir unha tempada máis desde a Primeira Rexional. A gran unión deste equipo e o gran traballo de todos levaronnos a conseguir a permanencia. Grandes chavales!!!!

Partidos Xornada 14/05/17


SENIOR A

Último partido da tempada no que temos que ganar os tres puntos como sexa. E será nun campo que xa se encheu da cor amarela e negra nunha final e copa femenino, e que agora temos que volver encher para arroupar os nosos para conseguir o obxetivo da tempada. E unha vez conseguido a arrimarnos a bara para celebralo como fixemos o ano pasado en Cordeiro, e porque non, acabarlle coa bebida da cantina.

Haberá bus con saída do Dolmen as 15:45 ata límte de prazas. O partido será as 18:00

SENIOR B

Último partido da tempada este Sábado en Cabaleiros ante o Resmón as 18:30

CADETES

Seguinte fase da copa do Sar, esta vez eliminatoria ante o Riveira na Rega as 12:00. Queremos seguir adiante facendo ben as cousas polo que saíremos máis motivados que nunca no noso campo

Partidos Xornada 07/05/17


SENIOR A

Partido de vida ou morte no que queremos os tres puntos para certificar a permanencia. Visitanos o Puebla en Santaia as 17:00. Último partido na casa no que queremos encher o campo pa que sexa unha festa e alzarnos coa victoria. Asique non dudes en asistir.
A SDT facilita o cheo no campo non cobrando entrada a nadie.
SENIOR B

Partido en Bembibre co Portomouro as 18:00