CONVOCAD@S GALICIA NORTE!!!


Esta fin de semana xogouse un amigable en Gañicia Norte e Galicia Sur. Por parte da SDT foron Alberto Golán(como parte do corpo técnico)  e Sele e Lucia Otero como xogadoras. O partido terminou 2-2 con un parte para cada equipo. A contenda decidiuse nos penaltis, onde Galicia Norte tivo máis acerto.

Un bonito partido que fai que se siga mirando polo fútbol femenino, e gracias a Revista de Fútbol Femenino.

BENVIDO E SORTE VICTOR PAZOS!!

Empezamos a presentar caras novas de cara a nova tempada. A primeira cara é a do novo adestrador do noso Senior A, Victor Pazos. Un adestrador con unha dilata experiencia nos banquillos, nos banquillos de Rexional e Preferente de equipos como o Castriz, no Xallas de Preferente, o Zas, o Bertamiráns B, o Soneira de Preferente,…. Agora desembarca na SD Tordoia para poñerse, desde xa, os mandos do primer equipo xunto con Juan, e empezar a confeccionar a plantilla xunto co director deportivo e directiva. Ven con gana e forza para poñer o equipo o máis alto posible, mantendo a unión que caracteriza este vestuario.

REUNIÓNS CATEGORÍAS BASE

Esta semana serán as reunións coas categorías base. Necesitamos que asistan todos os pais/nais/titores dos rapaces que este tempada xogaron en cada categoría. Aquí vos deixamos dia e hora das reunións.

*Mèrcores*
As 20:30 cos prebenxamins
As 20:45 cos benxamins
E as 21:00 cos alevins
*Venres*
As 20:30 cos infantiles 
As 20:45 cos cadetes

CONTINUACIÓN DE JUAN E BENVIDO NANDO


E como xa dixeramos desde hoxe comezamos a mirar xa para a vindeira tempada. Primeiro e atar os jefes das duas seccions q temos, e q mellor q con xente da casa e q conocen esto a perfección. Juan continuará outra tempada máis coordinando o fútbol base e Nando chega de novo á SD para facerse cargo da dirección dos equipos Senior, tanto masculinos como femenino. Estamos seguros q con eles axudandonos todo será mais facil. Na foto, hoxe despois da reunion co Presi e Chechu. Gracias amigos

CAMISETA PARA OS PARTICIPANTES!!!


E esta é a camiseta que lucen no dia de hoxe todos os nenos participantes no torneo de fútbol base da SDT. Darlle as gracias a xente que colabora para facer que isto sexa posible. E eles son:

TMC Cancela

Strow Sistemas

Cuarzos Industriales

Excavaciones Varela

Esymar 
A todos eles MOITISIMAS GRACIAS.

Como non tamen mencionar a outra entidade que colabora moito con nos como è o Concello de Tordoia, nesto e en todo, facendo posible neste caso que todos os nenos participantes dispoñan da súa medalla por participar e trofeos

E tamen a Alquileres Reneymar por deixarnos as vallas para poder de limitar os campos de fútbol.

MOITISMAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

GRACIAS PEDRO!!!


E seguimos movéndonos hacia a próxima tempada e para a semana xa anunciaremos cousas, tanto na directiva, como no organigrama técnico do clube.

Ahora anunciarvos outra mala noticia, xa casi sabedores dela desde finais de temporada. Pedro, adestrador do Senior A, que decide deixar de adestrar este equipo porque despois de tres anos, interrumpidos, con nós cree que é o momento dun cambio, tanto pa él como para o equipo. Un home que no primeiro ano aquí nos dou unhas bases moi boas para crear un grupo tan unido e cada vez máis profesional, en canto a entrenamentos, maneiras de afrontar os partidos,… No segundo ano un ascenso a Primeira, històrico e que marca un antes e un despois deste equipo. E este ano conseguindo a permanencia. A todo isto so podemos decir que MOITISIMAS GRACIAS E SABES QUE ESTA É A TÚA CASA!!!

GRACIAS VICTOR!!!


Hoxe é un dia triste para a SD. O durante 4 anos, mister do noso equipo femenino Victor Brea decide deixar de seguir sendo otimón  deste equipo. Decide deixalo para tomarse un descanso e tamen porque cree que o equipo necesita un cambio de aires, despois dos 4 anos mais exitosos do noso femenino. Con el logrouse 2 ascensos, 1 titulo de liga, 3 veces subcampionas da copa Galega e 2 anos na Segunda División Nacional. E non solo eso, senon a unión que consolidou neste vestiario, o esforzo que facia vindo dende A Estrada e o fácil que nolo puxo a directiva ano tras ano. Que mais podemos pedirlle? Solo nos queda darlle as gracias, a el, os seus pekes Sara e Matias e a sua muller Esther, que convertíronse tamen na nosa familia. Victor, sempre teras un oco aqui para ti. Moitas gracias amigo. Sorte!!!!!