GRACIASSS!!!


Como ven sendo habitual ano tras ano, o noso Concello sempre nos fai algunha mellora nos campos de fútbol para que as instalacións sean cada vez mais completas. Desta volta foron as seguintes: 
No campo da Rega, Cabaleiros: botouselle hormigón  na zona dos banquillos e na entrada ó recinto 
No campo de Portáns, Santaia: fixéronse gradas cubertas ata a cantina e botousellehormigón  por diante da cantina e  por dentro
Facer equipacións novas para as categorías base que o necesitaban. 
Só podemos decirvos, MOITISIMAS GRACIAS, que sigamos así colaborando que así da gusto seguir traballando por esto!!!

ESTO EMPEZA A COLLER FORMA!!!

Asi lucían onte, tanto de dia coma de noite, as nosas carpas. Como vedes temos unha carpa grande que é a da pulpeira, onde comeremos os máis de 400 asistentes a comida, unha carpa coa zona da cantina e unha carpa para bailar enfrente os dous grupos que nos poñerán a música ata altas horas de madrugada. 
A auga non será un problema para a festa, asique non tes excusa, ESPETAMOSTE!!!
Recordar que a partir das 12 teremos aberto para empezar a coller os tickets.

PARTIDO HOMENAXE


Hoxe a noite teremos partido homenaxe no campo de Santaia para tres grandes xogadores deste clube, que levan 19 anos interrupidos dedicados a este clube, e que foron parando de xogar. Paran de xogar pero van seguir ligados o clube como directivos. Son Casti, Lamas e José.

E o dia de hoxe será adicado a eles, e que mellor equipo para isto que o Sofàn, veciños e dirixido por outro home da casa e que compartiu vestiario cos xogadores homenaxeados durante anos, Iván Cancela.

MERCADO DE FICHAXES


Desta volta toca presentar fichaxe para o noso femenino. Unha rapaza que volve a súa casa para competir defendendo as cores do equipo do seu concello. Ela é Begoña que ven para reforzar a parcela defensiva e axudar a facer posible canto antes o regreso a Categoría Nacional.
BENVIDA E MOITA SORTE BEGOÑA!!!!

CUARTOS COPA DIPUTACIÓN FEMENINA

Xa estamos nos cuartos de final da copa diputación que se disputarán este domingo. Tócanos xogar no campo de Loxo ante o Touro, domingo as 19:00. Continuamos con baixas pero sairemos con gana de conseguie o triunfo para chegar o mais lonxe posible.
Haberá bus con saída do Bar Calviño as 17:00

VAMOS CHICAS!!!

PARTIDO HOMENAXE!!!


Un gran rival como a SD Sofan para ver como os nosos capis (Alberto Casti, Jesus Manuel Lamas e José Iglesias) poñen fin a súas etapas como xogadores da SD Tordoia!Que mellor retirada que facendo como todos estes anos, NO CAMPO.

Creo que todos lle debemos sacar o sombreiro e que mellor maneira de agradecerlle todo este tempo que acudir todos a Santaia a aplaudirlle vendoos vestidos de corto con esta camiseta.

A entrada para o partido será de balde!!!

MERCADO DE FICHAXES!!


Chegan reforzos. Un reforzo para a portería do noso Senior B. Sergio, de Buxán, ex de Dubra e Resmón. Un porteiro con experiencia debaixo dos paos que chega con gana e ilusión ee afrontar un novo reto.
BENVIDO E SORTE SERGIO!!!

COPA DEPUTACIÓN FEMENINA!!!

Este domingo tócalle o turno o noso Femenino comezar a súa andaina na Copa Deputación. Será nos campo das Eiroas, ante o Bergantiño. Comezamos coa ilusión de chegar o máis lonxe posible, aunque seguimos arrastrando as baixas coas que terminamos a liga, pero eso non nos impedirá saír a por todas.
SORTE E A POR TODAS!!!💪

ANOTAAAA!!! DIA 26!!!


Anota ben este dia, 26 de Agosto de 2017. Este dia tes unha festaza a que asistir. FESTA DO SOCIO SDT. Haberá boa comida, a esgalla, músiva non-stop ata que se nos suban os gemelos de bailar, cubalibres a rodar, bo ambiente,….. e valo perder?

Non o penses máis e ESPERAMOSTE!!!!!!

SEGUIMOS COMEZANDO

Seguen comezando as nosas categorías a pretemporada. Desta volta comeza o noso Senior B con algunha cara nova e con cambio no banquillo, dado que Sánchez deixou o banquillo e pasa a dedicarse so a directiva, que se pon o frente Chema. Unha nova tempada, unha nova ilusión e ganas renovadas.
SORTE A POR TODAS!!!!