Partidos Xornada 1/10/17


SENIOR A

Tócanos ir ó campo dun ribal sempre dificil, que o ano pasado acabou segundo xogando a fase de ascenso, o Agolada. P partido será 17:00. As baixas segennos acosando pero nos seguiremos pelexando polos 3 puntos.
Haberá bus con saída as 14:30 do Dolmen

SENIOR B
Recibimos o Val do Ulla na Rega o domingo as 16:30. Logo de traer os 3 puntos co Portomouro acabando con un home menos, tentaremos seguir sumando

FEMENINO

Vamos a Vigo para enfrentarnos o Valladares, un equipo sempre dificil, dos que está chamado a estar arriba. O partido será as 17:00

Haberà bus con saída na de Calviño as 14:00

VETERANOS

Vamos Santiago para enfrentarnos a Gracias no campo do Conxo, sábado as 20:00

XUVENÍS

Recibimos no campo de Santaia sábado as 16:30 o Vista Alegre

INFANTÍS

Xogan as 12:00 na Rega co Compañia de Maria

Gracias Laber!!


Queremos dar as gracias a Laborarios Laber de Santiago de Compostela por proporcionarlle estos chuvasqueros os nosos Prebenxamíns para que estean abrigados nos duros entrenos de invernos.
Moitas gracias!!!

Resultados Xornada 24/09/16

Resultado dos nosos con 3 victorias e 3 derrotas

Senior A 0-3 Baio

Portomouro 1-2 Senior B

Femenino 1-3 Orzan

Veteranos 2-1 Vilestro

Burgo das Nacións 8-0 Xuvenís

San Pedro 2-10 Infantís

SEGUIMOS NA MESMA!!

Na noite de onte volveron sustraernos material, o que non sabemos é pa que, aparte de pa darnos gastos a nos. Levaronnos a equipación dos nosos juves que hoxe comezaban a liga. Equipación que está rotulada coa publicidade Bar Calviño e o escudo da SDT. Para que lles sirve? Se as vedes porfavor comunicadenolo.

Non o entendemos pero bueno. Tocou buscar unha solución para que hoxe os nosos rapaces teñan con que saír a competir.
A seguir loitando contra todo!!

Partidos Xornada 24/09/17


SENIOR A

Xogamos ante a nosa afición o domingo as 16:15. Recibimos un equipo recén ascendido que non vai vir de paseo a Santaia, polo que tentaremos, como sexa sumar de 3
SENIOR B

Toca desprazarse a Bembibre para xogar co Dubra B, domingo as 17:00. Segundo partido no que sairemos a loitar por empezar a sumar

FEMENINO

Recibimos na Rega a un dos equipos fortes da Coruña. Xogaremos as 18:15 co Orzán na Rega, onde vos esperamos para empuxar as nosas rapazas a pola victoria

VETERANOS

Arranca unha nova e diferente tempada para os nosos veteranos. Para tentar empezar con bo pé o noso primeiro rival vai ser o Villestro, sabado as 17:00 na Rega

XUVENÍS

Outra categoría que comeza a liga este fin de semana. Os xuvenís, o cargo de dous grandes, Pombo e Dubra, despranzanse a Santiago para comezar a liga no campo do Conxo,o sàbado ad 16:30 co Burgo das Nacións
INFANTÍS

Toca xogar no campo do Sergas o sábado as 12:45 co San Pedro

ESTO NON PODE SER!

 

Hoxe queremos facer un pequeno inciso em algo que nos està a pasar.

Son dous casos de xogador@s diferentes pero coas mesmas consecuencias.

No caso 1 os resultados poñen «persiste la lesión osteocondral….» polo que o traumatologo indica o tratamiento correspondiente para dita lesión. A nosa sorpresa ben cando a mutua nos denega ese tratamiento alegando que a lesión non é deportiva contradecindo as probas e a valoración dun experto

No caso 2 pon «persiste dolor….» e «continuar con misma pauta de rehabilitación…» o cal volve pasar pasar o mesmo, que a mutua di que ata ahi finaliza o tramento, volvendo contradecir a un experto.

Falamos destes casos recentes por non mencionar outros identicos. Os cales o club ten que responder como pode para rehabilitar ditos xogador@s, tendo xa o seguro pago!
Rógase máxima difusión!!

Resultados Xornada 17/09/17

Resultados dos nosos con 1 empate e 3 derrotas

Sigüeiro 0-0 Senior A

Senior B 1-2 Viduido

Ourense 3-0 Femenino

Infantil 0-1 Cire Melide B

CAMPEÓNS!!!


Así acabaron o torneo da Baña os nosos Alevíns e Benxamíns, campeóns. Logo de un bo torneo acadaron o primer posto.
A seguir aprendendo e traballando!!!

Partidos Xornada 17/08/17


SENIOR A

Toca derbi na terceira xornada, e logo de ganar na xornada anterior ante un bo equipo. Este domingo tócanos o Sigüeiro na súa casa as 18:00. Un rival feito para estar arriba, pero que vamos coa intención de traer os 3 puntos pa nosa ucha.
As baixas continúan pero non nos deixaremos amedrentar por iso.

SENIOR B

Comeza a súa liga o noso Senior B na casa, ante un rival que o ano pasado estivo arriba. Visítanos o Viduido o domingo as 17:00 na Rega. 

FEMENINO

Toca desprazamento largo. Vamos a Ourense para enfrentarnos a elas o domingo as 17:00. Un gran equipo feito para estar nos postos altos, pero que a pesar das baixas, vamos para conquistar os 3 puntos.

O bus sairá do Dolmen as 14:00

INFANTÍS

Os nosos Infantís arranca con máis ganas que nunca a súa liga este Sábado as 11:00 na Rega co Cire Melide B

CADA DIA SOMOS MAS!!

A SDT cada dia medra un chisco. Desta volta seguimos medrando en categorías. Isto débese a que os nosos veteranos pasarán a formar parte do clube e ser unha parte máis da nosa familia. Un equipo que militará na Primeira División A, logo de descender este ano da División de Honor. Este ano tentarase facelo o mellor posible pa volver estar arriba, onde se merece.