ENTRADAS/SAÍDAS

Vamos ca segunda fichaxe do noso Senior A. Falamos de Ruben Fariña, natural de Cerceda e que se desenvolve na posicion de delantero centro. Xogou nas categorias base do Cerceda e en liga Galega Xuvenil destacando pola sua loita e a sua cifra goleadora. No ultimo ano por motivos laborais estivo fora e cando puido xogou no Encrobas. Seguro que nos axudará moito nesta nova tempada en Primeira Autonomica.

Benvido e sorte Ruben!!!

CAMPEONAS DO TORNEO!!!

Aquí deixamos unha foto das nosas rapazas que conseguiron ser campeonas do torneo de Villestro, logo de derrotar 3-0 As Miúdas, e a màxima goleadora Ana Santos.

Ahora a descansar e dentro de un mes con mais forza e ilusion ca nunca!!!

ENTRADAS/SAÍDAS

FICHADO!!!

Empezamos!!!

Xa co 95% da plantilla renovada presentamos a primeira fichaxe do Senior A. Tratase de Martin, xogador que procede da liga galega xuvenil co Cerceda. Tamen fixo as dúas últimas pretemporadas co primeiro equipo do Cerceda (chegando a debutar na copa deputacion) e anteriormente estivo nas categorias base do Bergantiños e do noso clube. Desenvolvese por calquera das bandas ou mediapunta. Dámoslle as gracias por querer vir po noso clube.

BENVIDO E SORTE MARTIN!!

ENTRADAS/SAÍDAS

Falamos de un home xa da casa. Un home que ata este ano xogaba nos nosos equipos Senior e que leva anos exercendo de adestrador das categorías base, co cal seguirá. Agora da un paso máis no seu cv futbolístico pasando a ser na pròxima tempada coordinador das categorías base, co cal Juan pasarà a ser o coordinador das categorías Senior.Sorte Diego!!!

ENTRADAS/SAÍDAS

Comezamos!!!

Presentamos os entrenadores do Senior A. Os irmans Dani e Jorge Calvete xunto co noso Juan seran os encargados de dirixir este ano o noso equipo. Os dous son naturais de Buño, e levan toda unha vida ligada o futbol. Dani estivo de xogador en equipos como o Bergantiños, Alcala de Henares, Sofan e Buño; e Jorge en Sofan, Buño e Baiñas. Como entrenadores Dani dirixiu o Buño e en base a Xuvenis do Xallas. Desexamoslle toda a sorte do mundo os 3 e que poidamos entre todos facer unha boa tempada tanto en liga como en copa.

Na foto, o presidente co primeiro entrenador, Dani. Proximamente mais novedades.

Benvidos e sorte!!!!

ENTRADAS/SAÍDAS

Neste caso temos que falar de unha saída. A dia de hoxe e tras un mutuo acordo entre ambas partes, Barca e Curro deixan de ser adestradores do noso Senior A. Chegaron a SDT co misión de salvar o equipo que se atopaba moi metido nos postos baixos da clasificación e conseguirán deixae o equipo un ano máis en Primeira. Deles so podemos decir cousas positivas e agradecemoslles moito o seu gran traballo nesta etapa. Sabedes que sodes parte da nosa historia e sempre seredes benvidos na nosa casa.

GRACIAS E SORTE MISTERS!!!

GRAZAS COLABORADORES!!

Aquí deixamos unha foto da camiseta que levaron todos os ben@s asistentes o noso torneo. E queremos dar as gracias as empresas que o fixeron posible. E elas son:

Esymar Artes Gráficas

Cuarzos Industriales

TMC Cancela

Strow Fachadas Ventiladas

Varela Excavaciones

Moitas gracias!!

Resultados do torneo SDT!!

PREBENXAMÍNS

Campeón: Cerceda

Subcampeón: Xallas

BENXAMÍNS

Campeón: Dubra

Subcampeón: Nicrariense

ALEVÍNS

Campeón: Tordoia

Subcampeón: Paiosaco

INFANTÍS

Campeón: Cabana

Subcampeón: Ordes

Esperemos que todo estivera a altura e dar moitas gracias os equipos participantes e que desfrutaran de un dia fermoso de fútbol.

TORNEO SDT!!!

CHEGOU O DIA!!!

Chegou o dia do noso Torneo de Fútbol Base, no que os pequenos son os protagonistas. Diversos equipos e diversas categorías para desfrutar de un dia de fútbol.

En breves arrancamossss!!!!!