Outro ano máis queremos agradecer a «Parrillada Tordoya» polos novos carteis, que conxuntamente coas Escolas Deportivas O Dolmen, se distribuirán polos bares habituais para que toda a xente poida estar informada dos partidos do noso Concello. Así xa non hai excusa para perderse un encontro e poder animar os nosos equipos.
Gracias Parrillada Tordoya!!
Mes: septiembre 2019
Resultados!!
Éstes foron os resultados dos nosos equipos correspondentes a este fin de semana.
Partidos dos fin de semana!!
Este próximo domingo o noso equipo Senior recibe en Santaia o Val do Ulla, o noso femenino desprázase ata o campo do Cadaval para medirse ó Narón mentres que os nosos veteranos reciben o sábado na Rega o Ulla Oil. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e pedimos axuda da aficción para que se sintan arroupados!!
LOTERÍA DE NADAL!!
Dende mañan poderás atopar os números 85260-69393, correspondentes á lotería de Nadal que xoga este clube, nas cantinas de Santaia e Cabaleiros, nos bares de costume así como solicitándollo a calquer membro da directiva ou xogador/a do noso Senior ou Femenino.
Porque nunca toca, nunca toca…. pero vas correr o risco de que caia aquí?
Algunha pedrea e devolución xa ten tocado, así que merca a túa participación e despreocúpate do que poida pasar!!
Happy Day SDT!
Seguimos co «Happy Day SDT» hoxe está de cumpleanos Rubén Fariña, delantero do noso equipo Senior, moi peleón e traballador para o equipo, que sempre crea perigo nas súas accións .
«Porque ainda que reciba un pase de pena, Fariña rematao incluso de chilena .»
Parabéns Fariña, disfruta do teu día!!
HAPPY DAY SDT
Hoxe no «Happy Day SDT» queremos felicitar a Martín, xogador do noso equipo Senior que suele xogar por banda tanto de extremo como de lateral diestro, rápido e con moito desborde sempre nos aporta moito.
«Porque cando está o partido reñido, Martín desborda e ponche un centro medido»
Parabéns Martín, disfruta do teu día!!
RESULTADOS
Éstes foron os resultados dos nosos equipos correspondentes a este fin de semana.
DORSAIS!!
Éstes son os dorsais que lucirán os nosos xogador@s do equipo Senior e Femenino a espera de máis posibles incorporacións. Esperemos que estos dorsais lle axuden a completar unha gran tempada.
Happy Day SDT!!
Hoxe estreamos sección, e trátase do «Happy Day SDT», un apartado adicado a felicitar o cumpleanos ós nosos xogadores, corpo técnico e membros da directiva.
E que mellor maneira de estrear esta sección que con unha das capitanas do noso femenino, Selenia, unha centrocampista de demostrada calidade e visión de xogo. *Porque non hai xogada no partido, na que Selenia non teña intervido*
Parabéns Sele, disfruta do teu día!!
PARTIDOS DO FIN DE SEMANA!!
Este fin de semana o noso Senior desprázase ata o campo do Dumbría para enfrentarse á este rival sempre complicado, o noso femenino recibe o domingo o Unión Campestre no campo da Rega (Cabaleiros) e os veteranos reciben tamén na Rega o Terra de Xallas. Non dúbides en acercarte para apoiar os nosos equipos!!