RENOVACIÓN!!

Seguimos coas renovacións, neste caso para o noso Femenino.

Volverá vestir a camiseta amarela/negra

Selenia Blanco

Como non podía ser doutra forma, Sele, unha das capitanas do noso femenino, continuará un ano máis axudándonos dende o campo a defender o noso escudo. Gracias por seguir apostando por nos!! 💪💪🐝🐝

CONDOLENCIAS!

Dende a familia da SDT queremos darlle o noso máis sentido pésame a Paula, ex-xogadora do noso equipo Femenino, e a súa familia polo falecemento do seu pai.

Ánimo!!!

FICHAXES!!

Hoxe anunciamos a séptima fichaxe po noso equipo Senior. Aquí vos presentamos a Lucio García, nacido en Montevideo (Uruguay) pero que reside en Malpica de Bergantiños e que se desenvolve de maravilla tanto de central como de lateral diestro. Xogou en equipos como na reserva de Rampla Juniors, El Tanque Sisley o Villa Teresa en Uruguay ou no Ortigueira en primeira rexional aquí en Galicia. Dende a SD queremos agradecerlle que confiase no noso proxecto e apostase por esta gran familia deseandolle unha gran tempada.

Benvido e sorte Lucio!!

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA!!

Acércase outro fin de semana con dous novos partidos para a SD. O noso Senior recibe o Baio en Gorgullos (Santaia) mentres que os nosos veteranos desprázanse ata Touro para enfrentarse a Terras de Touro- Prevediños. Non dúbides en acercarte para apoiar os nosos equipos porque xuntos somos mais fortes💪💪!

RENOVACIÓN

Seguimos coas renovacións, neste caso para o noso Femenino.

Volverá vestir a camiseta amarela/negra

Marta Besada

Gracias por confiar no noso proxecto un ano mais. Todos xuntos somos mais fortes 💪💪

PARTIDOS DA CASA

Acércanse os partidos da casa, e como tódolos anos necesitamos o apoio da nosa afición para conseguir facer o noso campo un fortín!! Así que se ainda non es socio e queres disfrutar do fútbol do equipo Senior en Santaia, consigue o teu carnet e asiste gratis a cada partido da casa.

FICHAXES!!!

E tamén temos aquí a oitava fichaxe do femenino. Falamos de Mery, natural da Coruña e que vén para fortalecer o noso mediocampo co seu xogo intenso e bo manexo e toque de balón. A súa posición ideal é de mediocentro aínda que tamén xogou algunha vez de mediapunta. Procede do Silva, e estivo en equipos como o Victoria da Coruña e o Betanzos. Dámoslle as gracias por apostar e creer no noso proxecto para esta tempada.
Benvida e sorte Mery!!!

Benvida COU!!

Vamos ca séptima fichaxe do noso femenino. Falamos de Nuria, aunque por aquí e futbolisticamente falando todos a coñecemos por “Cou”.
Natural de Val do Dubra, porteira e que sempre estivo defendendo as cores do Dubra Femenino, e dende ahí non estivo en ningún equipo mais, polo que temos motivos mais que de sobra para darlle as gracias por apostar polo noso equipo e volver con esa ilusión que está demostrando desde que chegou.
Benvida e sorte Cou!!!