Cesta de Nadal!!

Dende este fin de semana xa estarán dispoñibles as cestas de Nadal nos bares de costume e por tan solo 2 euros ti tamen podes participar e optar e levarte esta completísima cesta para alegrarche un pouco máis as festas. Agradecer a Perruquería Lourdes, o Restaurante Bemaro, a Cervexería O Dolmen, Rosquillas Susa e a cantina de Cabaleiros (Juan) pola súa inestimable colaboración con esta cesta!!
Animádevos a participar!!

Partidos deste fin de semana!!

Este próximo domingo o noso equipo Senior recibe en Santaia o Riveira mentres que o noso femenino viaxa ata o campo da Torre para enfrontarse o Orzán B. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e pedimos a afición que non dúbide en en asistir ós partidos para que os nosos xogadores se sintan arroupados!!

Happy Day SDT!!!

Hoxe é un día especial no «Happy Day SDT», especial por dous motivos. O primeiro porque está de cumpleanos Susana, secretaria do noso clube e que realiza ese labor que nadie ve nin valora pero que é imprescindible para que todo funcione ben, esa labor que sirve para que o resto da xente non se preocupe de nada, e poida traballar da mellor maneira posible porque detrás de todo está ela. E o segundo motivo é que aparte de estar hoxe de cumple, o domingo dounos unha gran noticia a toda a familia da SDT porque volviu a ser mamá dun maravilloso neno chamado Roi.
Así que parabéns Susana e benvido Roi, gracias por formar parte desta gran familia!!

Novas sudaderas de quencemento!!

Queremos darlle as gracias a OVIGA, tanto da parte do club como dos nosos xogadores/as polas novas sudaderas que éstes lucirán nos quencementos previos ós partidos, porque como se soe decir son os pequenos detalles os que nos fan grandes!!
Gracias de novo OVIGA por esta aportación a nosa entidade!

Happy Day SDT!!

Seguimos co «Happy Day SDT» hoxe temos de cumpleanos a David López, extremo do noso equipo Senior, un xogador rápido e habilidoso no un contra un e cunha gran pegada cara a portería rival.
«Porque que David no un contra un, te regatee e te deixe atrás é do máis común»
Parabéns David, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Rebeca, delantera do noso equipo Femenino, unha xogadora con moita técnica e moita clase, letal nos últimos metros de cara o gol.
«Porque de cada balón que colle Rebeca, sempre deixa un gol para a hemeroteca.»
Parabéns Rebe, disfruta do teu día!!

Partido do fin de semana!!

Este próximo domingo o noso equipo Senior viaxa ata Muros para medirse o Volantes de Baño, o noso femenino recibe o Torre no campo da Rega, mentres que os nosos veteranos reciben o sábado tamén na Rega o Villestro. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e oxalá se poidan conseguir uns bos resultados ca axuda da nosa afición!!