Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Tamara, interior do no noso equipo Femenino aunque tamén pode actuar como delantera.
Unha xogadora intensa rápida, que nunca da un balón por perdido por moi mal que vaia o partido, con gol e visión de xogo.
«Porque dun balón que non parece nada, Tamara fai un gol que é unha pasada.»
Parabéns Tamara, disfruta do teu día!!
Mes: diciembre 2019
Gracias por esta noite!!
Dende a SD Tordoia queremos agradecer a todas e cada unha das persoas que onte se pasaron polo Pre-Fin de Ano, porque fixeron que a festa resultase espectacular!!
Foi unha gran noite rodeada da mellor compañía posible e só nos queda dar GRACIAS e mil GRACIAS por facer que poidamos despedir así o 2019.
Para o ano intentaremos mellorar un pouquiño máis e que nadie quede sen desfrutar desta gran festa!!
A SD Totdoia síntese orgullosísima desta gran familia que formamos todos!!
Resultados!!
Éstes foron os resultados dos nosos equipos correspondentes a este fin de semana.
Happy Day SDT!!
Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Jesús Sánchez, un directivo cumplidor como o que mais sempre disposto a botar unha man no que faga falta. Implicado e traballador nunca se lle pode pedir máis do que fai así que gracias por todo.
Parabéns Sánchez, disfruta do teu día!!
Arrancamos a festa!!
Esto arranca!! Estamos empezando unha gran noite, e promete moito máis, gracias a todos os que nos acompañades este pre-fin de Ano da SDT!!
Desculpade as molestias!!
Ante a cantidade de chamadas que estamos recibindo queremos volver a insistir en que NON hai entradas para o prefin de ano de mañan. Xa prolongamos un día por culpa do festivo do mércores pero por motivos de espacio NON podemos atender máis peticións. Gustarianos q poiderades estar tod@s pero a carpa non se pode contratar dun día pa outro e entonces nos pedimola según a xente q había apuntada este lunes. Ainda así polos festivos vendéronse ata onte e xa se nos queda pequena a carpa, para o ano pídese que se a xente colle antes os tikets, nos podemos facer mellor previsión. Moitas gracias e perdoen as molestias.
Partidos deste fin de semana!!
Recordade que domingo despois do Pre-Fin de Ano da SDT do sábado, o noso equipo Senior disputa partido de copa contra os nosos veciños do Trazo. Esperemos desfrutar dun gran encontro e desexamoslle o noso equipo a maior das sortes para lograr a victoria e a toda a nosa afición que nos acompañe neste encontro para animar como a ocasión merece!!
Happy Day SDT!!
Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Javier Seoane, máis conocido por Seo, que desenvolve a función de central no noso equipo Senior, un xogador robusto e contundente, cun poderoso xogo aéreo e moi difícil de superar en cada disputa.
«Porque os atacantes só piden un deseo, que é non ter de rival o noso Seo.»
Parabéns Seo, disfruta do teu día!!
Pre-fin de Ano SDT!!
Unha vez cerrado a venta de tikets para a festa de mañan, imposible non sentirse orgullosos de tod@s vos, estaremos outro ano mais tomando as uvas xunt@s nada mais e nada menos q 390 persoas👏👏👏Queremos recordarvos unha cousa: Debido a q a xente lle gustou o ano pasado, como xa pon no cartel, podense RESERVAR mesas para grupos por medio da PULPEIRA, o clube non ten nada q ver neso. O q queira reservar ten q chamarlle o telef 696 22 21 53 ou o dia da festa ir hasta ali antes das 18h da tarde. O q si, o numero q se lle dea para reservar e INAMOVIBLE, xq o lado duns xa se vai reservar para outros. Os q veñan a maiores teñen q sentarse onde haxa sitio, nas mesas q se poñan para xente q non reservou.Moitas graciasss!!!!
Para cobrar a lotería!!
Aviso: Todos aqueles que comprastes participacións da SD Tordoia, informarvos que estamos a expensas de que nos ingresen os premios de lotería e que a entidade bancaria nos dé a autorización para poder cobrola nas súas sucursais. En cando nos den o visto bo indicaremos a día e a forma en que poderedes cobrar os vosos respectivos premios. Moitas gracias pola paciencia e comprensión e en breve xa poderedes cobrar tódolos premios.