Este próximo sábado o noso equipo Senior recibe en Santaia o Unión nun enfrentamento contra un rival directo pola permanencia, os nosos veteranos mediranse o Ordenes no campo da Rega de Cabaleiros, mentres que o noso femenino enfrontaranse o domingo tamén na campo da Rega o Abellá, un derbi polos postos altos da clasificación. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e pedimos a toda afición que agora máis ca nunca nos veña apoiar porque precisamos do voso alento!!