Happy Day SDT!!

Hoxe temos «Happy Day SDT» por partida dobre.

Por un lado temos de cumpleanos a Olalla, directiva do noso clube.
Unha muller que se estrea este ano na directiva pero que sempre foi fiel seguidora dos nosos equipos e que decidiu dar un pasiño mais para axudar a esta entidade. Encargada do tema das equipacións dos nosos equipos e do merchadising non podemos máis que darlle as gracias por todo o que fai!!
Parabéns Olalla, disfruta do teu día!!

Por outra banda temos de cumpleanos a Irene, central do noso equipo femenino.
Unha muller que sempre está ben colocada, moi sólida no xogo aéreo e difícil de superar polas rivais, sempre participativa e con palabras de ánimo para as súas compañeiras.
«Porque en cada partido do noso femenino, Irene defende e anima que eu alucino!!
Parabéns Irene, disfruta do teu día!!

Recollida de tapóns de plástico!!

Boas noites familia!Necesitamos unha vez máis facer un chamamento a toda a familia da SD Tordoia pra solicitar a vosa axuda nunha boa causa.
Hai que botarlle un cable a Hugo, un neno que xoga na S.D. Esclavitude e que ten que enfrontarse a un contratempo na súa saúde, polo que o seu clube e moitos máis clubes e colectivos sociais iniciaron unha campaña de recollida de tapóns de plástico.
Quen desexe colaborar pode traer os seus tapóns o encontro deste domingo do noso femenino no campo da Rega de Cabaleiros ou o próximo domingo no encontro que disputará o noso Senior en Santaia facéndolle a entrega deles a calqueira directivo do clube que se encontre na cantina.
Na páxina Facebook da Sociedad Deportiva Esclavitud atoparedes máis información sobre outros puntos de recollida de tapóns.
Compartide, difundide, axudemos. Porque este partido entre tod@s ímolo a gañar por goleada!!!

Partidos deste fin de semana!!

Este próximo domingo o noso equipo Senior viaxa ata o campo de O Coto para medirse o Val do Ulla, o noso femenino recibe no campo da Rega de Cabaleiros a un rival directo polo ascenso como é o Narón, mentres que os nosos veteranos reciben o sábado tamén no campo da Rega de Cabaleiros ó Touro-Prevediños. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e solicitamoslle a afición que nos acompañe cos seus ánimos para axudarnos un pouquiño máis!!

Partidos deste fin de semana!!

Este próximo domingo o noso equipo Senior recibe en Santaia o Dumbría, e o noso femenino desprázase o campo de Montrove para enfrontarse o Unión Campestre, mentres que os nosos veteranos mediranse o sábado ó San Lorenzo no campo da Rega de Cabaleiros. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e pedimos a toda afición que agora máis ca nunca nos veña apoiar porque precisamos do voso alento!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Rafael Torres, directivo do noso clube.
Un home que se estrea este ano na directiva pero que xa leva moitos anos vinculado a nosa entidade, sempre disposto a axudar no que sexa necesario e implicado como o que máis para que todo funcione correctamente, por eso che damos as gracias Rafa!!
Parabéns Torres, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Manuel Dubra, central do noso equipo Senior pero que tamén pode actuar en calquera posición defensiva.
Un xogador duro e contundente, moi díficil de superar, poderoso no xogo aéreo e intelixente tácticamente.
«Porque non hai xogada co balón dividido, na que Dubra a recupere sen pasar desapercibido.»
Parabéns Dubra, disfruta do teu día!!

Grande José!!

Hoxe como non pode ser doutra maneira, queremos facer homenaxe a Jose Iglesias, directivo do noso club que recibiu un reportaxe logo dun bonito detalle tras donarlle un ril a súa muller de forma altruista. Da gusto contar con xente na nosa familia con eses valores e esa forma de entender a vida!!
Felicidades familia e que sigades así de espléndidos moitos anos máis!!

Partidos deste fin de semana!!

Este próximo domingo o noso equipo Senior viaxa ata o campo do Platas Reinoso para enfrontarse o Baio, mentres que os nosos veteranos mediranse o sábado ó Lestedo no campo do Forte de Boqueixón. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e rogamoslle a toda a afición que faga un esforzo para acompañarnos e animarnos nestes partidos!!