Boas noites familia!Necesitamos unha vez máis facer un chamamento a toda a familia da SD Tordoia pra solicitar a vosa axuda nunha boa causa.
Hai que botarlle un cable a Hugo, un neno que xoga na S.D. Esclavitude e que ten que enfrontarse a un contratempo na súa saúde, polo que o seu clube e moitos máis clubes e colectivos sociais iniciaron unha campaña de recollida de tapóns de plástico.
Quen desexe colaborar pode traer os seus tapóns o encontro deste domingo do noso femenino no campo da Rega de Cabaleiros ou o próximo domingo no encontro que disputará o noso Senior en Santaia facéndolle a entrega deles a calqueira directivo do clube que se encontre na cantina.
Na páxina Facebook da Sociedad Deportiva Esclavitud atoparedes máis información sobre outros puntos de recollida de tapóns.
Compartide, difundide, axudemos. Porque este partido entre tod@s ímolo a gañar por goleada!!!