Este domingo o noso equipo Senior recibe en Santaia o Negreira, mentres que o noso femenino recibe na Rega o Orzán B. E hoxe sábado os nosos veteranos desprázanse ata o campo da Barrosa para medirse o Villestro. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos para seguir avanzando nesta bonita competición e rogámoslle a toda a afición que poida que nos acompañe cos seus ánimos!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Santi, porteiro e un dos capitáns do noso equipo Senior. Un gardamallas fantástico que se desenvolve as mil maravillas baixo paos, áxil e con grandes reflexos que lle fai artífice de grandes intervencións, poderoso no xogo aéreo e que trasmite gran seguridade o equipo. ¡¡Porque con Santiago na portería do Tordoia, ata o mesmo messi lle entraría a paranoia!! Parabéns Santi, disfruta do teu día!!
Mañan martes de carnaval teremos partidos de copa. O noso equipo Senior desprázase ata o campo de Muladeros para enfrontarse o Lamela, mentres que os nosos veteranos reciben na Regao Gruas Elgasa Metal Noia. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos para seguir avanzando nesta bonita competición e rogámoslle a toda a afición que poida que nos acompañe cos seus ánimos!!
Hoxe temos dobre celebración no «Happy Day SDT» . Por un lado está de cumpleanos María, central e unha das capitanas do noso equipo femenino. Unha xogadora con moita clase, poderosa no xogo aéreo e contundente a hora de defender, sempre ben colocada e capaz de sair co balón xogado desde atrás, dándolle seguridade e fluidez o equipo. ¡¡Porque calquer ataque rival vólvese inofensivo, dado que María é un gran seguro defensivo!! Parabéns María, disfruta do teu día!!
E por outro lado temos de cumpleanos a Alberto Calviño, máis conocido como Casti, directivo do noso clube pero que xa leva vinculado moitos anos a nosa entidade como ex-xogador e capitán do noso equipo senior. Unha persoa que che axuda en calquer problema e sempre disposto a botar unha man no que sexa necesario, unha referencia no mundo futbolístico e un exemplo a seguir. Parabéns Casti, disfruta do teu día!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a María I., centrocampista do noso equipo femenino. Unha xogadora cunha calidade enorme, cun gran golpeo de balón e unha visión de xogo exquisita, contundente a hora de roubar a pelota e unha toma de decisións perfecta. ¡¡Porque xogando con María de centrocampista, vas ver máxia da nosa alquimista!! Parabéns María, disfruta do teu día!!
Este próximo domingo o noso equipo Senior viaxa ata Vila de Cruces para enfrontarse o Piloño, mentres que os nosos veteranos desprázanse ata o campo do Vedral para medirse o Abellá. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e pedimoslle a nosa afición que nos acompañe cos seus ánimos para facernos o encontro máis doado!!
Recordade que todos aqueles que esteades interesados en adquirir merchandising da SDT podedes chamar o número que aparece nas publicacións e preguntar por Olalla. Xa fixemos un par de pedidos baixo demanda ca talla e o modelo que as persoas solicitaron e estamos a vosa disposición para quen desexe mercar algunha prenda ou material do noso clube. Gracias!!
Este próximo domingo o noso equipo Senior madruga para viaxar o campo da Fieiteira e enfrontarse o Riveira, mentres que os nosos veteranos desprázanse ata o campo de O Coto para medirse o Ulla Oil. Desexámoslle moita sorte os nosos equipos e solicitamoslle a afición que nos acompañe cos seus ánimos para axudarnos un pouquiño máis!!