Hoxe temos dobre celebración no «Happy Day SDT» .
Por un lado está de cumpleanos María, central e unha das capitanas do noso equipo femenino.
Unha xogadora con moita clase, poderosa no xogo aéreo e contundente a hora de defender, sempre ben colocada e capaz de sair co balón xogado desde atrás, dándolle seguridade e fluidez o equipo.
¡¡Porque calquer ataque rival vólvese inofensivo, dado que María é un gran seguro defensivo!!
Parabéns María, disfruta do teu día!!
E por outro lado temos de cumpleanos a Alberto Calviño, máis conocido como Casti, directivo do noso clube pero que xa leva vinculado moitos anos a nosa entidade como ex-xogador e capitán do noso equipo senior.
Unha persoa que che axuda en calquer problema e sempre disposto a botar unha man no que sexa necesario, unha referencia no mundo futbolístico e un exemplo a seguir.
Parabéns Casti, disfruta do teu día!!

