Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT»  a Ana, lateral zurda do noso equipo Femenino.
Unha xogadora con moita calidade técnica e un trato exquisito do balón, rápida e con gran visión de xogo, buscando sempre a mellor opción. Dispón dun gran disparo ó que a fai poseedora de varios goles de entidade.
¡¡Porque con Ana Santos a defensa está segura, e co balón nos pes é unha auténtica figura!!
Parabéns Santos, disfruta do teu día!!

Clasificacións actuais!!

Aquí vos deixamos as clasificacións dos nosos equipos ata o momento do estado de alarma. Unha temporada que está sendo espectacular para un club humilde como o noso, con rapaces e rapazas da casa, moito mellor do que podiamos imaxinar e que debemos agradecer o bo rollo que existe entre todos, un grupo directivo e técnico moi implicado, a afición que nos acompaña cada día pero sobre todo a eses xogadores que o dan todo cada entrenamento e cada partido sen recibir nada a cambio!! Noraboa a todos!!

Unidos fronte o coronavirus!!

Nestes momentos difíciles e de cuarentena non cabe máis que estar todos unidos na loita contra este virus, e dende a S.D. Tordoia, queremos felicitar e darlle as gracias a toda esa xente altruista que loita cada día contra esta pandemia, xa sexa dende primeira línea de batalla,  como a toda aquela xente que permanece nos seus fogares para que non se espalle esta lacra. Moitos ánimos e sigamos mantendo este comportamento, porque todos xuntos somos máis fortes!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Laura Mata, ex-xogadora e directiva do noso clube.
Unha persoa que tras moitos anos como xogadora do noso equipo femenino decidiu retirarse pero seguir vinculada ó noso club como membro da directiva, participando activamente co tema das equipacións dos nosos equipos e axudando e calquer tarefa na que se precise, polo que por eso non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Laura, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT»  a Laura García,  interior  do noso equipo Femenino.
Unha xogadora con moi boa técnica que sempre aporta o seu grao de area o equipo, que se asocia moi ben cas súas compañeiras e con moita chegada a portería rival e un disparo letal nos últimos  metros.
¡¡Porque se de unha xogadora top queres un prototipo, tes que conseguir a Laura Garci no teu equipo!!
Parabéns Laura, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a José Iglesias, directivo do noso clube.
Unha persoa dun corazón enorme como demostran os seus últimos actos de altruismo, ex-xogador agora vinculado na directiva axudando sempre nas cantinas e en todo o que faga falta para que nos partidos sempre estea todo ben organizado, por eso non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Josi, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Sergio Liñares, máis coñecido como Chechu directivo do noso clube.
Unha persoa moi vinculada a nosa entidade, ex-xogador das categorías base que por mor dunha grave lesión decidiu deixar os terreos de xogo e vincularse na directiva. Un home que sempre é a alta da festa, moi pendente de que os nosos xogadores non lle falte de nada e sempre disposto a axudar no que faga falta, e que na actualidade desenvolve a función de tesoreiro da SD, polo que por eso e moito máis non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Chechu, disfruta do teu día!!

Homenaxe a Majuca!!!

Aquí vos deixamos o reportaxe do pequeno homenaxe do que foi protagonista Manuel Juncal Castro (Majuca) por parte do Concello e do cal o noso clube foi convidado a participar nel, con membros da directiva, corpo técnico e xogadores. Majuca é unha persoa célebre e moi querida no noso concello e moi ligada o mundo do deporte e do fútbol en concreto polo que consideraron que é a persoa ideal para que lle adiquen unha rúa no programa «Quen anda aí» da tvg e tamén nos consta que moita xente máis se quería unir a este homenaxe pero por temas laborais non puido asistir polo que todos lle damos a noraboa por este máis que merecido detalle!!

Entrega dos tapóns para Hugo!!

Hoxe fixemos entrega a S.D. Esclavitud dos tapóns que recollemos a S.D. Tordoia conxuntamente coa colaboración do Concello de Tordoia para axudar a Hugo na loita contra a súa enfermidade. En total foron uns 4 contenedores cos esperamos aportar o noso gran de area nesta boa causa. Agradecer a todas esas persoas que colaboraron desinteresadamente na recollida de tapóns e se acercaron ata as nosas instalacións para facer entrega dos mesmos.

Noraboa Iván!!

Dende a S.D. Tordoia queremos felicitar a Iván Cancela, natural do noso concello e ex-xogador do noso clube, por proclamarse campión de España das Rexións como entrenador da selección galega de afeccionados. Moitos parabéns Iván, alegrámonos moito por ti e sentímonos orgullosos de que leves o nome de Tordoia o mais alto.