Dende a S.D. Tordoia queremos felicitar a Iván Cancela, natural do noso concello e ex-xogador do noso clube, por proclamarse campión de España das Rexións como entrenador da selección galega de afeccionados. Moitos parabéns Iván, alegrámonos moito por ti e sentímonos orgullosos de que leves o nome de Tordoia o mais alto.
