Hoxe podemos anunciar outra renovación do noso equipo Senior e trátase de Rubén Fariña, un delantero fundamental para o noso xogo e que ano tras ano nos da máis. Agradecerlle que volvese apostar polo noso proxecto un ano máis e darlle as gracias pola confianza!!
Trala resolución aportada hoxe pola Real Federación Galega de Fútbol queremos felicitar ó noso equipo femenino polo ascenso acadado a Primeira Autonómica Galega dado que no momento da suspensión da competición polo Covid-19 ocupaban a primeira posición da táboa.
Hoxe anunciamos a primeira fichaxe do noso equipo Senior para a tempada 20/21. Trátase de Abel Torres, un xogador que se desenvolve de maravilla tanto de mediapunta como de interior por ambas bandas. Xogou en Liga gallega de xuvenil no Bergantiños, e en Terceira División en equipos como o Cerceda ou o Órdenes, así como varias tempadas no Xallas de Preferente, e esta última campaña no Puenteceso, para finalmente, este ano, firmar co noso clube. Dende a SD queremos agradecerlle que confiase no noso proxecto e reforzase a nosa plantilla, contando, desta forma, cos dous irmáns Torres entre as nosas filas!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Adrián, máis conocido por Pombo, mediocentro do noso equipo Senior, ainda ue tamén pode desempeñar a posición de mediapunta. Un xogador con moita calidade técnica e unha gran visión de xogo, capaz de atopar o pase perfecto para deixarte man a man co porteiro, especialista a balón parado e con talento pa definir. ¡¡Porque tanto de xogada como a balón parado, de Pombo sempre vas ter un pase perfecto asegurado!! Parabéns Pombo, disfruta do teu día!!
Hoxe podemos anunciar outra renovación do noso equipo Senior e trátase de Martín, un xogador de futuro que ano tras ano mostra a súa valía. Agradecerlle que volvese a apostar polo noso proxecto un ano máis e darlle as gracias pola confianza!!
Un día máis anunciamos as tres renovacións do noso equipo Senior e hoxe tocan tres xogadores con moito porvir e proxección como son Brais, David e Miguel. Agradecerlle que volvesen a apostar polo noso proxecto un ano máis e darlle as gracias pola confianza!!
Continuamos cas renovacións do noso equipo Senior e hoxe anunciamos a continuidade de tres xogadores importantes como son Manu Vázquez, Chino e Manu Prego. Agradecerlle que volvesen a apostar polo noso proxecto un ano máis e darlle as gracias pola confianza!!
Hoxe renovan outros tres xogadores e continuarán vestindo a camisola amarela/negra do noso equipo Senior unha tempada máis Nico, Seo e Alex. Agradecerlle que volvesen a apostar polo noso proxecto e darlle as gracias pola confianza!!
Seguimos cas renovacións do noso equipo Senior con tres xogadores moi importantes como son Dubra, Andrade e Liñares que aportarán veteranía e calidade o noso club. Agradecerlle que volvesen a apostar polo noso proxecto un ano máis e darlle as gracias pola confianza!!