Hoxe anunciamos a primeira fichaxe do noso equipo Senior para a tempada 20/21.
Trátase de Abel Torres, un xogador que se desenvolve de maravilla tanto de mediapunta como de interior por ambas bandas. Xogou en Liga gallega de xuvenil no Bergantiños, e en Terceira División en equipos como o Cerceda ou o Órdenes, así como varias tempadas no Xallas de Preferente, e esta última campaña no Puenteceso, para finalmente, este ano, firmar co noso clube.
Dende a SD queremos agradecerlle que confiase no noso proxecto e reforzase a nosa plantilla, contando, desta forma, cos dous irmáns Torres entre as nosas filas!!
Benvido e sorte Abel!!
