Hoxe presentamos a segunda fichaxe do noso equipo Femenino para a tempada 20/21. Trátase de Nuss, unha xogadora que procede do Crendes e que tamén militou en equipos como o Betanzos ou A Torre. Desenvólvese en calquer posición de ataque, tanto en bando como de dianteira, e aparte de ter moi bo trato de balón tamén é rapidísima e ten moito desborde, cualidades polas que seguro nos vai aportar moito. Dende o noso clube queremos agradecerlle que confiase en nós e neste proxecto!
Benvida e sorte Nuss!!
