Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT»  temos de cumpleanos a Bruno, delegado e segundo entrenar do noso equipo Femenino, unha persoa moi implicada co noso clube, que está a realizar unha gran labor en tódolos ámbitos. Militou tamén como xogador no noso equipo Senior e pódese decir que nunca nos defraudou. Sigue así porque eres un grande!!
Parabéns Bruno, disfruta do teu día!!

Título do Femenino!!

Hoxe tivo lugar un pequeno acto protocolario, acorde cos tempos nos que vivimos, no cal se nos fixo entrega por parte da RFGF, a través de Iván Cancela, dun diploma polo ascenso acadado polo noso equipo Femenino.
Dito diploma foi recollido por unha das nosas capitanas, neste caso María, en representación de todo o equipo.
O acto tamén asistiron o presidente e varios membros da directiva, e no cal tamén se aprobeitou para regalarlle a Iván Cancela unha camiseta do noso club co número que él tan ben luciu nos anos que militou como xogador nesta entidade.

Lotería de Nadal!!

LOTERÍA DE NADAL!!
Recordade que tedes dispoñible a lotería de Nadal do noso clube nos bares de costume. Tamén podedes solicitarlla a calquer xogador dos nosos equipos ou a calquer membro da directiva.
Merca a túa participación antes de que se esgoten!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» está de cumpleanos Abel, interior do noso Senior B.
Un xogador con moita calidade técnica e un gran dominio do balón, posuidor dun boísimo golpeo do esférico e unha perfecta visión de xogo.
«Porque cando tes un partido complicado, darlle o balón a Abel faicho máis doado»
Parabéns Abel, disfruta do teu día!!

Senior B!!

A pesares da incertidume con respecto a esta campaña, seguimos reforzando os nosos equipos para a tempada 20/21. Desta volta presentamos a Brais Pereiro, natural de Coristanco, e que xa formou parte da plantilla do noso Senior B con anterioridade. Tamén militou no Baiñas e Coristanco e ven ca intención de reforzar a portería do equipo que dirixe David Castro. Dende o noso clube queremos agradecerlle que confiase en nós e neste proxecto!
Benvido e sorte Brais!!

Happy Day SDT!!

Hoxe felicitamos no «Happy Day SDT», a Susana, secretaria do noso clube.
Unha persoa que realiza todo ese labor que nadie ve nin se valora pero que é imprescindible para que todo funcione ben, esa labor que sirve para que o resto da xente non se preocupe de nada, e poida traballar da mellor maneira posible porque detrás de todo está ela.
Así que parabéns Susana, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Seguimos co «Happy Day SDT»  desta volta temos de cumpleanos a David López, interior do noso equipo Senior.
Un xogador rápido e habilidoso no un contra un, con moi bo regate e unha gran pegada cara a portería rival.
«Porque para David no un contra un, que te supere con facilidade é do máis común»
Parabéns David, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Rebeca, delantera do noso equipo Femenino.
Unha xogadora cunha gran técnica individual, moi desequilibrante por mor dos seus impresionantes regates e letal na definición.
«Porque de cada balón que colle Rebeca, sempre deixa un gol para a hemeroteca.»
Parabéns Rebe, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» está de cumpleanos Eloy, lateral do noso Senior B.
Un xogador moi difícil de superar, con moita calidade técnica e unha zurda envidiable capaz de recuperar un balón e facer un cambio de orientación medido.
«Porque con Eloy nada malo pode pasar, defende e ataca e sabe marcar,»
Parabéns Eloy, disfruta do teu día!!