A pesares da incertidume con respecto a esta campaña, seguimos reforzando os nosos equipos para a tempada 20/21. Desta volta presentamos a Brais Pereiro, natural de Coristanco, e que xa formou parte da plantilla do noso Senior B con anterioridade. Tamén militou no Baiñas e Coristanco e ven ca intención de reforzar a portería do equipo que dirixe David Castro. Dende o noso clube queremos agradecerlle que confiase en nós e neste proxecto!
Benvido e sorte Brais!!
