Queridos soci@s, afeccionad@s e seguidores,
Informámosvos que a Xunta Directiva da S.D. Tordoia se reuniu en asamblea extraordinaria para analiza o comunicado da Real Federación Galega de Fútbol no cal se informa do inicio das competicións de Primeira Galicia Masculina e Feminina a partir do próximo mes de Xaneiro.
En dita reunión acordamos por unanimidade NON INSCRIBIR NINGUN EQUIPO NA TEMPORADA 2020/2021. Consideramos que está é a opción mais responsable por varios motivos:
- A situación actual a nivel sanitario, social e económico por causa da pandemia que estamos a vivir non é a idónea.
- As medidas recollidas no “Protocolo Fisicovid-Dxtgalego da RGFG” son inviables no fútbol modesto. Ademais das medidas organizativas difíciles de levar a cabo nos campos de rexional consideramos insuficientes a realización de test cada 14 días para a seguridade dos nosos xogadores/as.
3.Para nos o máis importante, somos un equipo AFICIONADO. O noso obxectivo como club e desfrutar do fútbol sen que iso supoña un risco para os nos@s xogadores/as, os nosos técnicos, os nos@s soci@s, os nosos afeccionados nin para a xente do noso pobo. A saúde de tod@s debe estar por encima do fútbol.
Estamos ante unha situación extraordinaria e esperamos que a RFGF recapacite e a entenda como tal, e non permita que se perda nos despachos o que con tanto esforzo se conseguiu no campo unicamente por decidir coidar dos nos@s.
O fútbol volverá a Tordoia pero só cando sexa seguro para tod@s.
(A continuación axúntamos escrito remitido a RFGF por 15 clubs da 1ª Galega Masculina Grupo 2)
Gracias polo voso apoio e comprensión.
Xunta Directiva S.D. Tordoia
