Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Santi, porteiro e un dos capitáns do noso equipo Senior. Un gardamallas fantástico que se desenvolve as mil maravillas baixo paos, áxil e con grandes reflexos que lle fai artífice de grandes intervencións, poderoso no xogo aéreo e que trasmite gran seguridade o equipo. «Porque con Santiago na portería do Tordoia, ata o mesmo messi lle entraría a paranoia» Parabéns Santi, disfruta do teu día!!
Pois nestes tempos difíciles e de malas novas sempre é un pracer poder anunciar boas noticias, e que mellor nova que poder celebrar a vida co nacemento de Thiago!! É un orgullo contar con un membro máis para a nosa gran familia!! Felicitar os papis, Alba e Adrián, ambos xogadores do noso club que demostran que as veces o deporte e o amor tamén poden estar unidos. Parabéns familia.
Hoxe temos dobre celebración no «Happy Day SDT». Por un lado está de cumpleanos María, central e unha das capitanas do noso equipo femenino. Unha xogadora con moita clase, poderosa no xogo aéreo e contundente a hora de defender, sempre ben colocada e capaz de sair co balón xogado desde atrás, dándolle seguridade e fluidez o equipo. ¡¡Porque María é un gran seguro defensivo, facendo que calquer ataque rival sexa inofensivo!! Parabéns María, disfruta do teu día!!
E por outro lado tamén cumple anos Alberto Calviño, máis conocido como Casti, directivo do noso clube pero que xa leva vinculado moitos anos a nosa entidade como ex-xogador e capitán do noso equipo Senior. Unha persoa que che axuda en calquer problema e sempre disposto a botar unha man no que sexa necesario, unha referencia no mundo futbolístico e un exemplo a seguir. Parabéns Casti, disfruta do teu día!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Mery, centrocampista do noso equipo femenino. Unha xogadora cunha calidade enorme, cun gran golpeo de balón e unha visión de xogo exquisita, contundente a hora de roubar a pelota e unha toma de decisións perfecta. ¡Porque xogando con Mery de centrocampista, vas ver máxia da nosa alquimista! Parabéns Mery, disfruta do teu día!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Brais, porteiro do noso equipo Senior B Un gardamallas bo baixo paos, valente nas saidas e que trasmite seguridade o equipo, sempre regular. ¡¡Porque con Brais defendendo a nosa portería, para meter un gol hai que ter moita puntería!! Parabéns Brais, disfruta do teu día!!
Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Abel, mediapunta do noso equipo Senior ainda que tamén pode actuar en calquera posición de ataque. Un xogador cunha gran calidade técnica, unha inmellorable visión de xogo capaz de dar un último pase perfecto e cun potente disparo. «Porque se queres un equipo que destaque, tes que contar con Abel no teu ataque» Parabéns Abel, disfruta do teu día!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Marta Brea, interior do noso equipo feminino ainda que tamén o fai de porteira cando as necesidades do equipo así ó precisa. Unha xogadora polivalente que se adapta moi ben as circunstancias do partido, poderosa no xogo aéreo e un gran golpeo de balón, capaz de dar un pase de gol como de desatascar un partido cun potente disparo. ¡¡Porque Marta é unha auténtica camaleona, tanto che para un disparo como che resolve de ramona!! Parabéns Marta, disfruta do teu día!!
Hoxe no «Happy Day SDT» temos de cumpleanos a Brais Vilariño, mediocentro do noso equipo Senior. Un xogador cun gran porvir no mundo do fútbol, con bo trato de balón e unha visión de xogo extraordinaria, xoga fácil a poucos toques e ponllo tamén sinxelo ós compañeiros!! «Porque tendo a Brais o teu lado, dalle o balón e deixarate abraiado.» Parabéns Brais, disfruta do teu día!!
Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Ana Barcia, lateral do noso equipo feminino. Unha xogadora moi segura e fiable, que sempre apuntala a zona defensiva, moi difícil de franquear, intelixente e con boa salida de balón. ¡¡Porque Ana é unha defensora perfecta, con ela atrás o resto poden poñer a directa!! Parabéns Ana, disfruta do teu día!!
Dende a familia da S.D.Tordoia queremos darlle o noso máis sentido pésame a Mery, xogadora do noso equipo Feminino, e a toda a súa familia polo falecemento de súa avoa. Moito ánimo!!!