Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Jose, directivo do noso club.
Un fiel seguidor da nosa entidade que se animou a involucrarse un pouco máis na entidade, enrolándose como parte da directiva, botando unha man nas cantinas e colaborando en todo o que se lle pide, así que por eso e por moito máis, solo cabe darlle as GRACIAS!!
Parabéns Jose, disfruta do teu día!!

Fichaxe femenino!!

Nuria Tuset Rodríguez (Malpica de Bergantiños, 2000) únese ao proxecto 2021-2022 do noso Feminino.

Logo do seu paso por equipos como Portazgo ou Cerqueda, a gardameta costeira aterriza na Rega para afrontar un ilusionante reto na Primeira Galicia.

Trátase dunha rapaza cun gran futuro e con moi boas maneiras baixo paus, que tratará de dar o mellor de si mesma para defender a portería do equipo que adestra Álex Espi.

Benvida e sorte Nuria!!

Comezo competición Feminino!!

Seguimos con novas datas de inicio de competións, neste caso ca LGF Primeira División Feminina onde competirá o noso equipo Feminino e que se prevé para o 3 ou 10 de Outubro.
A espera de que confirmen as fechas de comezo das ligas tamén do noso Senior B e veteranos.

Novo adestrador equipo feminino!!


Alejandro Espiñeira Lineros (A Coruña, 1999), máis coñecido como «Álex Espi», é o novo adestrador do noso equipo feminino.

Este técnico herculino, a pesares da súa xuventude, xa conta cunha ampla experiencia nos banquiños logo de dirixir en diferentes categorías do Imperátor OAR, entre eles, o conxunto feminino; ao igual que no Once Caballeros. Tamén dirixiu ao conxunto xuvenil do Ciudad Jardín na tempada que rematou fai unhas semanas, co que chegou a xogar a final da fase de ascenso a Primeira Autonómica.

Logo de poñer fin a súa etapa no clube herculino, Álex Espi firma pola Sociedade Deportiva Tordoia para poñerse á fronte do noso equipo feminino na Rega, lugar que xa coñece á perfección debido a que é un dos artífices do Campus de Tecnificación que organiza o Concello de Tordoia en colaboración coas Escolas Deportivas O Dolmen e o noso clube.

Dende aquí, desexámosche o mellor!!!!

Benvido e Sorte Espi ✨✨

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a David Boo, defensa do noso equipo Senior B, que pode actuar tanto de central como de lateral.
Un xogador rápido dificil de superar, sempre ben situado e atento o máis mínimo fallo para poder cortar calquer posible ataque rival.
¡¡Porque os dianteiros vano pasar fatal, se enfrente teñen a David de central!!
Parabéns David, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Cou, porteira do noso equipo femenino.
Unha xogadora moi poderosa no xogo aéreo, que non se intimida facilmente e que trasmite gran seguridade o equipo baixo os paos.
¡¡Porque con Cou defendendo a portería, sempre hai grandes paradas pra galería!!
Parabéns Cou, disfruta do teu día!!

Gracias Jaime e Bruno!!

A SD Tordoia comunica o fin da etapa de Jaime e Bruno como entrenadores do equipo Feminino.
Agradecerlle a ambos o traballo, entrega e dedicación aportadas a noso clube e desexarlle a maior das sortes nos seus próximos proxectos deportivos e persoais.
Moitas gracias por todo!!

Comezo competición Senior!!

Pois xa temos data prevista para o comezo da competición do noso equipo Senior que competirá outro ano máis na Primeira Galicia e que se prevé para o 10 ou 17 de Outubro.
Seguimos a espera de que anuncien o comezo das competicións do noso equipo Feminino e Senior B e en canto teñamos constancia delas publicaremolas.
Empezando esta nova tempada con moita ilusión!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a J.A Liñares, mediocentro do noso equipo Senior.
Un xogador moi regular, que sempre aporta estabilidade o equipo, peza fundamental para tódolos entrenadores e un gran organizador do xogo e do equipo.
¡¡Porque se queres un xogador que sempre dé o nivel, tes que poder contar con Arcay no teu plantel!!
Parabéns Arcay, disfruta do teu día!!

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Ana Laxe, mediocentro do noso equipo feminino ainda que tamén pode actuar como central.
Unha xogadora con moi bo trato de balón e unha estupenda visión de xogo, contundente e moi difícil de superar.
¡¡Porque cando Ana está xogando, temos a posesión e seguimos dominando!!
Parabéns Ana, disfruta do teu día!!