Novo adestrador equipo feminino!!


Alejandro Espiñeira Lineros (A Coruña, 1999), máis coñecido como «Álex Espi», é o novo adestrador do noso equipo feminino.

Este técnico herculino, a pesares da súa xuventude, xa conta cunha ampla experiencia nos banquiños logo de dirixir en diferentes categorías do Imperátor OAR, entre eles, o conxunto feminino; ao igual que no Once Caballeros. Tamén dirixiu ao conxunto xuvenil do Ciudad Jardín na tempada que rematou fai unhas semanas, co que chegou a xogar a final da fase de ascenso a Primeira Autonómica.

Logo de poñer fin a súa etapa no clube herculino, Álex Espi firma pola Sociedade Deportiva Tordoia para poñerse á fronte do noso equipo feminino na Rega, lugar que xa coñece á perfección debido a que é un dos artífices do Campus de Tecnificación que organiza o Concello de Tordoia en colaboración coas Escolas Deportivas O Dolmen e o noso clube.

Dende aquí, desexámosche o mellor!!!!

Benvido e Sorte Espi ✨✨

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s