Nuria Tuset Rodríguez (Malpica de Bergantiños, 2000) únese ao proxecto 2021-2022 do noso Feminino.
Logo do seu paso por equipos como Portazgo ou Cerqueda, a gardameta costeira aterriza na Rega para afrontar un ilusionante reto na Primeira Galicia.
Trátase dunha rapaza cun gran futuro e con moi boas maneiras baixo paus, que tratará de dar o mellor de si mesma para defender a portería do equipo que adestra Álex Espi.
Benvida e sorte Nuria!!