Pretempada!!

Acércase outro fin de semana de amistosos para os nosos equipos.
O venres o Senior B recibirá ás 21:15 no campo de Santaia o Vila de Ordes.
Por outra banda o noso equipo Feminino xogará o domingo ás 12:00 contra o Victoria B no campo da Rega de Cabaleiros.
Mentres que o noso Senior A mediranse tamén o domingo ás 17:00 o Abellá no campo de Santaia.

Calendario Senior B!!

Este é o plan competicional do Senior B para a tempada 21/22, no cal, competirá na Terceira Galicia no grupo 7 e que comezará a competición o 24 de Outubro.
Volvemos a retomar o proxecto do Senior B moi ilusionados e desexandolle unha gran campaña!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» está de cumpleanos Gonzalo, interior do noso Senior B, ainda que tamén pode actuar como dianteiro.
Un xogador rápido e con desborde, capaz de poñer un pase medido como de definir a perfección.
«Porque cando Gonzalo colle o balón, sempre vai haber unha gran ocasión»
Parabéns Gonzalo, disfruta do teu día!!

Fichaxe feminino!!

FICHAXE ✨✨

Laura García Mantecón (O Temple, 2000) incorpórase á disciplina do noso sénior feminino de cara a esta tempada 2021-2022.

A zurda xogadora cambresa aterriza na Rega para convertirse nunha das comodíns de Álex Espi, posto que se trata dunha rapaza moi versátil que pode actuar en diferentes posicións tanto da liña defensiva como da medular e que manexa ambas pernas.

Con pasado en equipos como Once Caballeros, Victoria e Obrero, agora chega a terras tordoienses procedente do Betanzos.

Benvida e sorte Laura!!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» está de cumpleanos Rubén Fariña, dianteiro do noso equipo Senior.
Un xogador que é todo entrega, moi peleón e traballador, que sempre dá o máximo nivel e todo un tormento para as defensas rivais cun potente disparo.
«Porque non hai defensa tranquila, cando Fariña a porta rival enfila.»
Parabéns Fariña, disfruta do teu día!!

Pretempada!!

Fin de semana de amistosos para os nosos equipos.
Por un lado o noso Senior A xogará o sábado ás 17:00 no Roxo fronte o Atlético Cercedense mentres que tanto o noso equipo Feminino como o Senior B mediranse o domingo o Cerqueda e o Imperator respectivamente, ámbolos dous no campo da Rega de Cabaleiros.

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT» queremos felicitar a Martín, lateral ou interior do noso equipo Senior.
Un xogador moi rápido e con moito desborde, que defende e ataca igual de ben, capaz de poñer uns centros medidos desde calquer zona do campo.
«Porque cando está o partido reñido,  Martín desborda e ponche un centro medido»
Parabéns Martín, disfruta do teu día!!

Pretempada!!

Seguimos con partidos amistosos intersemanais de cara a posta a punto o comezo de liga.
Desta volta o Senior A mediarase o Órdenes o mércores ás 21:00 no campo de Santaia
O Femenino competirá contra o Órdenes tamén pero martes ás 21:30 no campo de Vista Alegre mentres que o noso Senior B medirase o Castriz no campo de San Pedro ás 21:15
Sorte a todos!!

Happy Day SDT!!

Hoxe no «Happy Day SDT», cumple anos Selenia, mediocentro e unhas das capitanas do noso equipo feminino.
Unha xogadora polivalente e con moita clase, sempre ben posicionada e cunha visión de xogo exquisita para dar sempre o pase perfecto.
«Porque non hai cousa máis espectacular, que ver xogar a Sele na medular»
Parabéns Sele, disfruta do teu día!!

Campaña de soci@s S.D. Tordoia 21/22!!

Nós temos mono de fútbol, e vós?

Un equipo, unha afición
Combirtámolo nunha tradición!!

Faite soci@!!!