⚽ *SD Tordoia B – SD Oza*
Sábado 4 de Setembro
20.00h
️ Campo Municipal de A Rega (Cabaleiros – Tordoia)
Despois de varios anos sen contar co sénior B masculino na estrutura do clube, volvemos a poñer en marcha este proxecto e facémolo con máis ilusión ca nunca.
Os rapaces que conforman o equipo levan moitos meses adestrando e as ganas de volver aos campos e xogar un partido son incalculables, polo que de seguro que darán o mellor de si mesmos e nos ofrecerán un bo espectáculo xunto cos nosos amigos da SDOza, equipo que dá o paso ao fútbol federado, ao cal lle damos a nosa benvida e que será testemuña directa do debut do novo Tordoia B.
Vémonos este fin de semana na Rega!!
