David Martínez Loureiro (Suíza, 1993), máis coñecido coma Bugy, é o novo adestrador de porteir@s da SD Tordoia.
Logo do seu paso pola prestixiosa Escola de Porteir@s Nordés, o preparador carballés viuse obrigado, por motivos laborais, a apartarse dos terreos de xogo como técnico, aínda que non como gardameta.
Trátase dun porteiro cunha ampla experiencia despois de toda unha vida no Bergantiños, tanto en categorías inferiores coma no primeiro equipo e do seu paso por equipos como Sofán, Sporting Zas, Volantes de Baño, As Pontes ou San Tirso, equipo no que milita actualmente.
Agora, Bugy que conta coa titulación académica de adestrador de porteiros, aterra en Tordoia para estar de novo do outro lado e para poñerse á fronte d@s nos@s porteir@s, @s cales estarán dende xa nas mellores mans, nunca mellor dito 😉
Benvido á nosa familia Bugy 💛🖤💛
