FICHAXE ✨✨
Laura García Mantecón (O Temple, 2000) incorpórase á disciplina do noso sénior feminino de cara a esta tempada 2021-2022.
A zurda xogadora cambresa aterriza na Rega para convertirse nunha das comodíns de Álex Espi, posto que se trata dunha rapaza moi versátil que pode actuar en diferentes posicións tanto da liña defensiva como da medular e que manexa ambas pernas.
Con pasado en equipos como Once Caballeros, Victoria e Obrero, agora chega a terras tordoienses procedente do Betanzos.
Benvida e sorte Laura!!!
