Partidos fin de semana!

Este domingo ás 16:00 segundo partido oficial, o noso Senior B fronte o Sar Extramundi no campo de Santaia esperando seguir a dinámica positiva.
Sábado ás 17:30 no campo do Trazo, xoga o noso equipo veterano o primeiro partido amistoso antes da competición oficial fronte o Trazo
A por todas!!

#SonDoTordoia

Lotería Nadal!!

Se ainda non mercaches a túa participación da lotería de Nadal da SD Tordoia, recorda que seguen estando a vosa disposición solicitandolla a calquer@ xogador@ do clube ou a calquer membro da directiva, e agora tamén dispoñible a través de internet pinchando no enlace que nos facilita a lotería A Millonaria.
https://www.amillonaria.gal/loteria-empresas-verlot.php?GadMS=1

Non quedes sen a túa!!

#SonDoTordoia

Calendario Veteranos!!

Por último mostramos o plan competicional e calendario dos nosos veteranos.
Quedan encadrados no grupo 31-B da Primeira División e comezará a tempada o día 6 de Novembro.
Moita sorte!!

Resultados!!

Resultados deste fin de semana.
Gran detalle do noso equipo Feminino acordándose das lesionadas Mery, Marta Brea, Marta Gómez, Ali Vega e Lucía Otero.
E estrea con victoria do noso Senior B fronte o Biduido.

Partidos do fin de semana!!

Este domingo ás 16:30 debuta, en partido oficial, o noso Senior B fronte o Biduido no campo de Milladoiro. Unha estrea moi esperada despois de varios anos sen ter equipo B.
Domingo ás 12:00 tamén xogará o noso Feminino, a terceira xornada de liga, no campo da Rega de Cabaleiros fronte o Antas en busca da primeira victoria da tempada.
Por outra banda o noso Senior A medirase domingo ás 18:15 a un dos equipos favoritos da competición como é o Negreira no campo Jesús Garcia Calvo.
A por todas !!

#SonDoTordoia

Gracias Begol!!

Agradecemos a Almacenes Begol, que outro ano máis colaborase co noso clube na creación dos carnets de socios para a tempada 21/22. Unha axuda máis que facilita a nosa labor.
Moitas gracias!!
Recordar tamén que seguen a vosa disposición ditos carnets para todos os que desexen adquirilo, non dudedes en solicitalo!!

#SonDoTordoia

Fichaxe Senior B!!

Anxo Ferreira Fraga (Tordoia, 1994) incorporación do noso Senior B de cara a tempada 21/22.

O tordoiense é un xogador que destaca pola súa boa colocación e contundencia; que adoita desenvolverse como lateral, aínda que pode actuar noutras demarcacións da liña defensiva.

Un futbolista que xa militou anteriormente na nosa entidade ainda que no último ano estivo no Abellá B e que regresa a que sempre foi a súa casa.

Benvido e sorte Anxo!!

Día internalcional do cancro de mama!!

No día mundial do cancro de mama a SD Tordoia quere solidarizarse con todas esas mulleres loitadoras e valentes que inspiran e dan sentido a vida. Moito animo guerreiras!!

Resultados!!

Estes foron os resultados dos nosos equipos deste pasado fin de semana.
Desafortunadamente o que máis lamentamos, independentemente dos resultados obtidos, son as lesións sufridas por Mery, Tamara e Lucía Otero no campo do Bergantiños e que agardando os resultados das probas médicas pertinentes, esperamos e desexamos sexan o mínimo posible.
Moito ánimo as tres!!

Carteis partidos!!

Un ano máis queremos agradecerlle a «Parrillada Tordoya» polos novos carteis, que conxuntamente coas Escolas Deportivas O Dolmen, se distribuirán polos bares habituais para que toda a xente poida estar informada dos partidos do noso Concello. Así xa non hai excusa para perderse un encontro e poder animar os nosos equipos.
Gracias Parrillada Tordoya!!