Este domingo ás 16:30 debuta, en partido oficial, o noso Senior B fronte o Biduido no campo de Milladoiro. Unha estrea moi esperada despois de varios anos sen ter equipo B.
Domingo ás 12:00 tamén xogará o noso Feminino, a terceira xornada de liga, no campo da Rega de Cabaleiros fronte o Antas en busca da primeira victoria da tempada.
Por outra banda o noso Senior A medirase domingo ás 18:15 a un dos equipos favoritos da competición como é o Negreira no campo Jesús Garcia Calvo.
A por todas !!
#SonDoTordoia


