Hoxe temos «Happy Day SDT» por partida dobre.
Por un lado cumple anos Jorge Liñares, un dos capitáns do noso equipo Senior e que desenvolve a función de central.
Un xogador que é todo carácter e pundonor, segurísimo no xogo aéreo e con moito perigo nas xogadas de estratéxia, así como un infalible tirador de penaltis.
«Porque Jorge defende coma un auténtico león, para despois a balón parado mandala o caixón.»
Parabéns Jorge, disfruta do teu día!!
E por outro lado temos que dedicarlle un espacio tamén o segundo entrenador do equipo Senior A. Juan é un dos pilares da SD que demostra ano tras ano co seu traballo unha gran implicacion neste equipo. “Se fai falta alguen para votar unha man, o que seguro que non falla é Juan”
Moitas gracias por estar sempre ahí!!
#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

