Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Ana, lateral zurda do noso equipo Feminino.
Unha xogadora con moita calidade técnica e un trato exquisito do balón, rápida e con gran visión de xogo, buscando sempre a mellor opción. Dispón dun gran disparo ó que a fai poseedora de varios goles de entidade.
«Porque con Ana Santos a defensa está segura, e co balón nos pes é unha auténtica figura»
Parabéns Santos, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Colaborador!!

Hoxe na sección «THANK YOU SPONSOR» queremos agradecer a colaboración co noso clube da Lotería A Millonaria, situada na Ronda de Outeiro 120, 15007 A Coruña. Administración que xestiona os abonos, peñas, reservas, participacións de nadal para empresas, etc. así como venta e consulta normal de números de apostas do estado.
«Porque se cun boleto a sorte queres tentar, na administración A Millonaria pódelo atopar»

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Noraboa!!

Dende o clube queremos darlle a noraboa o noso Senior B, que a falta de tres xornadas xa ten garantizada matemáticamente a súa presenza para xogar a fase de ascenso a segunda autonómica.
A disfrutalo e a por todas!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Anxo, lateral do noso equipo Senior B.
Un xogador rápido e contundente, sempre ben posicionado e difícil de superar.
¡¡Porque se buscas un lateral perfecto, tes que ter a Anxo no teu proxecto!!
Parabéns Anxo, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Partidos!!

Achégase outro fin de semana de grandes partidos.
A sesión comeza sábado ás 17:00 cos nosos veteranos disputando o primeiro encontro da fase de ascenso contra o Abellá no campo da Rega de Cabaleiros.
Domingo ás 12:00 o noso Feminino visita o campo da Tasca para medirse o Xuventú Aguiño.
Senior B xoga ás 17:00 contra o Vista Alegre no campo de Santaia, no que será das primeiras oportunidades de meterse na fase de ascenso!!
A por todas!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Gracias o Concello!!

Dende o clube queremos agradecer 👏👏 o Concello de Tordoia as obras 🚧👷🚧 realizadas no campo de Santaia 🏟️ para comodidade de tod@s, e que incluen:
Ampliación e compactación da zona de aparcamento.
Colocación dunha valla na zona da grada.
Cimentación e canalización da auga na zona da grada e dos banquillos.
Mellora das escaleiras de acceso o terreo de xogo.

Moitas gracias por axudarnos cada día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝

Happy Day SDT!!

Hoxe temos de cumpleanos no «Happy Day SDT» a Laura Mata, ex-xogadora e directiva do noso clube.
Unha persoa moi involucrada ca entidadade,  participando activamente co tema das equipacións dos nosos equipos e axudando en calquer tarefa na que se precise, polo que por eso non cabe máis que darlle as gracias!!
Parabéns Laura, disfruta do teu día!!

#SonDoTordoia 🟡⚫🐝